Promovida pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Mugardos para a celebración do Día da Muller levouse a cobo no cole esta actividade.
O Concello de Mugardos puxo en marcha esta campaña de sensibilización á cidadanía mugardesa co obxectivo de educar e concienciar en materia de educación afectivo sexual, relación sans de parella, violencias de xénero e violencias sexuais partindo do protagonismo das súas rapazas e rapaces que actúan como axentes reais de cambio.
Logo de desenvolver diversos obradoiros nos centros educativos do concello, o alumnado saiu ás rúas para sensibilizar ao comercio, ás empresas locais e á cidadanía sobre a prevención e identificación da violencia de xénero.
A imaxe da campaña son 4 cartaces deseñados polo alumnado, nos que figuran os valores da igualdade e os teléfonos aos que se pode acudir para denunciar ou solicitar información sobre violencia de xénero, ciberseguridade, violencia contra a infancia, e Diversidade sexual (LGTBI).
Esta campaña publicitaria enmárcase dentro da programación de prevención da violencia de xénero financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. e foi realizada integramente polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO dos centros de ensino mugardeses.
O noso alumnado de 5º e 6º recibiu dúas sesións de obradoiros nos que ademais deseñaron carteis que o pasado 27 de maio pegaron polos comercios e tendas da contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario