martes

APRENDEMOS A LER FOLLETOS E MAPAS

A biblioteca propuxo aprender a ler e interpretar todo tipo de textos, de maneira que en 2º de E. Primaria escolleron un folleto do Oceanográfic de Valencia.


Cada alumna e cada alumno contaba cunha fotocopia tamaño A3 para a súa lectura e comprensión.

Durante unha primeira sesión traballaron sobre o folleto interpretando cada un dos símbolos e todas e cada unha das sinalizacións da "lenda" do folleto.

Ademais situaron cada espazo no mapa e inventaros rutas que lles gustaría seguir segundo os seus propios intereses.

Nunha segunda sesión, e co folleto diante fixeron unha visita virtual a través da web do Oceanográfic coa que comprenderon ademais como están agrupados os animais no parque.

Para completar o traballo decidiron inventar unha excursión na que visitarían co cole o parque.

A redacción foi a mesma para cada alumno e alumna xa que se fixo de xeito colectivo. A profesora ía escribíndoa nun word proxectado na pizarra o texto que entro tod@s ían creando e perfeccionando e o alumnado copiaba o texto en folios que posteriormente pegaron detrás do plano.

Ademais fixeron cadanseu dibuxo e tamén o pegaron pola parte traseira.

Así quedaron os seus traballos





Sentíronse moi orgullosas e orgullosos de sí mesm@s, xa que nunca tiñan escrito un texto tan longo e máis sendo de creaci´´on propia. Líano unha e outra vez xa que lles gustaba escoitar o resultado dun texto propio.
De maneira que o expuxeron ante o alumnado de 1º.
Primeiro explicáronlles como fixeran a actividade e logo repartiron a lectura do texto .






Fixéronno tan ben e sentíronse tan importantes e seguros que pensan repetir a exposición para tod@s na biblioteca do cole. Xa vos iremos contando!


Ningún comentario:

Publicar un comentario