mércores

ENTROIDO 2020

Chegou a semana do Entroido.
Como todos os anos cada día da semana tiñamos que mirar o cartel da entrada onde Pulpi pon os mandados para o seguinte día.
Así para o luns había que traer nos pés calzado de horta.
O martes algo na cabeza.
O mércores complementos varios (inspirados no vídeo de "A horta de Balbina" ou ben ideas propias.
O xoves a estrela do disfraz: O mandil ou mandilón de Balbina.
E o venres o disfraz completo!!

Déixovos aquí imaxes dos mandados do mércores e do xoves pois este ano hay certo material que perdín. Síntoo moito, pero "para mostra un botón".






E o  venres, xa preparadas as Balbinas todas, saímos pola contorna acompañad@s de familiares para que toda Franza puidese vernos.
Polo camiño cantamos a cancion de Balbina, claro! Pero perdín o vídeo e non volo podo ensinar.
E ao chegar á praza de San Vitorio cantamos a canción do cole!

Aquí tedes o vídeo coas imaxes e vídeos que puidemos conservar.







As letras, os números e o taboleiro negro do cartel do vídeo foron extraídos de Pixabay.com

martes

HORA DO CONTO NO DÍA DOS NAMORADOS

Para a "Hora do conto" desta data tan sinalada escollimos o título "Yo voy conmigo" de Raquel Díaz Reguera de Ediciones Thule.


A portada resulta do máis atractiva, non?


Xa na contraportada temos clara a mensaxe. 



Unha ollada ao seu interior aínda esperta máis a osa curiosidade e a certeza de que estamos ante un deses libros imprescindibles para tod@s.





" Me gusta Martín"
" Me gusta Martín"
" Me gusta Martín"
Pero Martín no la mira. ¿ a lo mejor no le gustan sus lazos? ¿ serán sus gafas? ¿ será que habla demasiado ¿ o será esa sonrisa suya tan infantil?. 
Intentando gustarle a Martín, ella cambia y cambia,  y los pájaros de su cabeza dejan de anidar en esta. Intentando gustar a Martín deja de gustarse a sí misma.
"Texto extraído da web da autora"


E por iso o escollimos. Porque aínda que a protagonista é unha nena a mensaxe é válida para tod@s. Tanto para aceptarse e quererse a sí mesm@s como para aceptar e valorar aos demais tal e como son.

A lectura, que realizamos en galego aínda que non hai edición no noso idioma, correu a cargo da profe Bego. Dada a grande información que neste caso as imaxes aportan á narración, proxectáronse as imaxes das páxinas na pantalla e así puidemos disfrutar por completo desta xoia.








Se queredes volver a disfritara desta historia (desta vez en castelán) clicade na imaxe :











sábado

PREPARANDO O ENTROIDO 2020

Como o tema a traballar neste curso é "Dándolle á lingua na horta", pois este ano o Entroido versaría ao redor do tema.

Xa levamos moito tempo (dende o primeiro día de clase) que aprendemos e cantamos a canción "A horta de Balbina" de María Fumaça.
Unha das probas do xogo de inicio de curso consistía en aprender a letra da canción a través de pictograms. Logo, moitos días, a canción que poñiamos antes de entrar no cole era esta canción e mesmo nalgunha lectura na biblioteca rematamos "A hora do conto" con ela: cantando, bailando e disfrutándoa un montón.

Aquí vos deixo o vídeo orixinal:







Aquí o día que a cantamos e bailamos na biblio:








mércores

APRENDENDO A USAR A IMPRESORA 3D

Despois da formación que recibiu a profe Carmen que o resto das profes aprenderan tamén para sacarlle rendemento.

Así que o martes pola tarde xuntámonos na biblio e a profe Carmen compartiu con todas a información que manexa.

Para probala e vela en funcionamento escollimos unha peza xa elaborada dun repositorio gratuíto, laminámola en 3D WOX e puxémola en marcha.
Escollimos unha peza pequena para que non tardase moito en imprimila.

E disfrutamos todas de ver a máquina en funcionamento.





sábado

CINENSINO 2019-2020

Un ano máis participamos no programa Cinensino, programa de educación en valores para a prevención do consumo de alcohol e outros transtornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as tic.

Debido á pandemia tan só tivemos unha única sesión na que o alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria visionaron a película "Mís y el león blanco" e traballaron posteriormente na proposta didáctica que o programa facilita.




As pelis que quedaron pendentes de traballar, de acordo co programado por Cenensino foron;









XA TEMOS IMPRESORA 3D

Despois de analizar diferente información e de conseguir xuntar a varios Centros Educativos de Galicia para realizar unha compra conxunta da impresora escollida (o que facía que nos saíse mellor de precio) organizamos unha xornada conxunta de formación no uso da impresora.

Foi moi laborioso:

Establecer contacto coa empresa para solicitar unha oferta da impresora en caso de que se produxese unha compra conxunta.

Establecer contacto con todos os centros educativos de Galicia que están tamén no segundo ano de Bibliotecas Creativas e polo tanto adquirirán unha impresora 3D, informar da oferta e apuntar a aqueles que tamén se decantaban pola compra deste modelo.

Agardar polas decisións dalgúns centros que aínda non acordaran cal comprar.

Por fin, e despois de dous meses xa tiñamos o listado pechado. Só nos faltaba atopar un lugar onde realizar unha xornada de formación conxunta sobre o uso da impresora. Solicitamos a utilización de varias dependencias en Santiago e non nos foron concedidas. Así que todo o noso esforzo estaba en serio perigo.
A última hora (a véspera do evento) dende o CFR de Santiago suxeríronnos solicitar o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, situado en Conxo. Tamén  o CIFP. Compostela nos facía un oco nas súas instalacións. Escollimos o primeiro e agradecimos moito ao director do CIFP a súa xenerosidade.

E por fin puidemos acudir á formación  sobre o uso e funcionamento da impresora LION 2, (a escollida) da empresa León3D .

Foi unha tarde moi, moi, moi productiva. Aprendín moito e vin  as moitas  posibilidades que a máquina ofrece. Así que agora toca seguir aprendendo e ir ensinando ao noso alumnado as súas posibilidades!



Estas son algunhas fotos que tomei durante a formación





Xa podemos empezar a traballar coa nosa!!!



PLANTANDO NA HORTA


Abonar a terra a finais de outubro, facer semilleiros para logo transplantar á horta, retirar pedras, sachar, sinalar as liñas de traballo, facer regos, sementar, regar...
Todos os cursos participaron sementando repolos, chícharos, allos...
E ademais disfrutaron moito!!
Esta horta é xenial!!!



xoves

PICASSO PINTOU PARA A PAZ

En 6º, na área de plástica coa profe Vanesa, nenas e nenos traballaron cunha obra de Picasso.
Desta vez non foi "O Guernica" nin a súa inmortal "Pomba da Paz".
Escolleron unha obra moi distinta e xogaron e crearon con ela.

Catro caras de diferentes razas únense ao redor dunha pomba da paz. O xogo de cores sólidas e rotundas incrementan a mensaxe da obra.
Para saber máis desta obra teredes que ver o vídeo que montamos con imaxes do seu traballo.

Agardamos que vos guste.


luns

NAS NOSAS MERENDAS PLÁSTICO 0

Esta foi a proposta que o alumnado de 4º fixo a todo a comunidade educativa o pasado venres 24 de xaneiro.







Así que asumimos o reto e puxémonos mans á obra.








Definitivamente estas rapazas e rapaces son estupendos e empézase a notar que diminúe o uso de pláticos nas merendas de todo o cole.

Bravo por tod@s!! A seguir así!!

Pulpì volo agradece moitísimo,  pois sabedes que moitísimos dos plásticos que xeramos como lixo rematan no mar, onde aínda conserva moitísimos amigos que se queixan moito do porcos que somos os seres humanos.
El xa lles explicou que neste cole estamos polo labor de poñerlle solución.

REDUCIR
RECICLAR
REUTILIZAR


domingo

BAILANDO POLA PAZ

Este ano a profe Pili preparou co alumnado de 5º e 6º unha coreografía especial polo Día da Paz, que interpretaron no patio cuberto e co que disfrutamos moitos.
Aquí tedes a proba.





Clica na imaxe para velo!!

sábado

CARREIRA SOLIDADRIA POLO DÍA DA PAZ 2020

Un ano máis participamos na proposta da ONG Save the Children  Kilómetros de solidariedade.

Nesta ocasión os fondos recadados destínanse aos nenos e nennas de Rohingya.
clicando nas imaxes teredes máis información sobre a situación e o traballo desta ONG alí.




Rohingya, un nome difícil de pronunciar, unha historia difícil de contar.





O traballo da ONG cos nenos e nenas de Rohingya


Fixemos un pequeno vídeo con algunha imaxes dese día (porque perdín outras moitas) e vos podo asegurar que en todas elas (nas do vídeo e as que nos están) as caras das nenas e os senos son de alegría.
MOITAS GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E POLA XENEROSIDADE DOS VOSOS PATROCINADORE E PATROCINADORAS!!




EL MURO. LECTURAS PARA A PAZ II

A segunda edición da "Hora do conto" polo Día da Paz 2020 foi para todo o alumnado.

Nesta ocasión escollimos "El muro"  de Giancarlo Macri, Librería Universitaria Ediciones (LU).

O monarca do Reino dos Azuis  fai construir un muro que afaste a tod@s @s que non sexan azuis, pero para mellorar o seu reino e que haxa xardíns, fontes, monumentos, paseos... precisa do traballo dos das outras cores así que ordena traelos. Ao final no Reino dos Azuis están todas as cores outra vez, pero na metade de espacio. Manda entón derrubar o muro dicindo que só a un idiota se lle ocurriría contruílo e amosándose feliz de vivir nun reino cheo de cores.

As ilustracións moi sinxelas pero moi gráficas, a orixinalidade de que no medio do libro apareza un muro de verdade e o descubrimento de que hai un personaxe verde, semellante a un extraterrestre, fai que a lectura desta historia (con pouco texto e en formato cómic) sexa divertida e sorprendente pola súa orixinalidade.

Rematada a lectura volvimos proxectar todas as imaxes para buscar ese "homiño" verde do que falabamos.

A mensaxe final e global do libro é : "A diversidade enriquece. Compárteo!" , pero nós extraímos moitas máis mensaxes:

  • O autoritarismo absurdo do Rei que "cae" na súa propia trampa.
  • A estúpida idea dunha  superioridade dunhas razas sobre outras.
  • Que este rei non foi o único que pensou en construir muros e que aínda hoxe hai dirixentes que así o pretenden.
Foron as conclusións que sacamos entre tod@s desta marabillosa lectura.


LA ISLA. LECTURAS PARA A PAZ I

Edición especial da "Hora do conto" con motivo do Día da Paz 2020.

Celebrámolo durante dous días seguidos.
Nun primeiro día a lectura foi dirixida ao alumnado dende 3º a 6º de Primaria porque o texto escollido pensamos non era o idóneo para os máis pequenos.

O texto escollido foi "La isla" de Armin Greder editado por Lóguez Ediciones.

Este álbum ilustrado fainos ver cómo pode crecer nun grupo humano o rechazo a un extraño, de como pode nacer e medrar o odio e a violencia, de como o medo e a manipulación a través del esperta a brutalidade por enriba de máximas tan extendidas como "tod@s somos iguais e temos os mesmos dereitos". E denuncia tanto a brutalidade, odio e violencia dalgúns como a pasividade de outros antes estes feitos.
Unha historia que por desgracia segue a estar de rabiosa actualidade e que nos fai pensar e reflexionar e sobre todo axuda a decidir quen e como queremos ser.


                             



As imaxes do álbum apoian e incrementan o dramatismo do texto co seu realismo, trazo, sombras e colorido e mesmo aportan historias que non están no texto, como esa imaxe onde os nenos da illa xogan repetindo esceas que viron nos maiores, aprendendo conductas de humillación e odio e incorporándoas de xeito natural nas súas vidas. Probablemente unha das imaxes "máis duras" do álbum. Polo menos para mín.








Atopamos o vídeo coas ilustracións en Youtube e gravamos a lectura en galego engadíndolle a música de Carmina Burana "O fortuna" que pensamos lle acaía perfecta.

O alumnado, máis acostumado a historias con final feliz, quedou un tanto desconcertado (e iso que xa avisamos ao empezo que era unha historia "dura"pero "imprescindible") pero iso deu moito pé a reflexionar sobre a historia e, como anteriormente indiquei, a decidir quen e como quero ser.

Foi unha moi boa elección.

Clica na imaxe para acceder ao vídeo






TI ES....

Fixemos un mural colectivo polo Día da Paz 2020.
Unha bolboreta por alumn@ na que escribir cualidades positivas doutr@ compañeir@. Recortar, decorar e pegar no mural da entrada.
Este foi o resultado. PRECIOSO!!!
GRAZAS A TOD@S!!