sábado

EL MURO. LECTURAS PARA A PAZ II

A segunda edición da "Hora do conto" polo Día da Paz 2020 foi para todo o alumnado.

Nesta ocasión escollimos "El muro"  de Giancarlo Macri, Librería Universitaria Ediciones (LU).

O monarca do Reino dos Azuis  fai construir un muro que afaste a tod@s @s que non sexan azuis, pero para mellorar o seu reino e que haxa xardíns, fontes, monumentos, paseos... precisa do traballo dos das outras cores así que ordena traelos. Ao final no Reino dos Azuis están todas as cores outra vez, pero na metade de espacio. Manda entón derrubar o muro dicindo que só a un idiota se lle ocurriría contruílo e amosándose feliz de vivir nun reino cheo de cores.

As ilustracións moi sinxelas pero moi gráficas, a orixinalidade de que no medio do libro apareza un muro de verdade e o descubrimento de que hai un personaxe verde, semellante a un extraterrestre, fai que a lectura desta historia (con pouco texto e en formato cómic) sexa divertida e sorprendente pola súa orixinalidade.

Rematada a lectura volvimos proxectar todas as imaxes para buscar ese "homiño" verde do que falabamos.

A mensaxe final e global do libro é : "A diversidade enriquece. Compárteo!" , pero nós extraímos moitas máis mensaxes:

  • O autoritarismo absurdo do Rei que "cae" na súa propia trampa.
  • A estúpida idea dunha  superioridade dunhas razas sobre outras.
  • Que este rei non foi o único que pensou en construir muros e que aínda hoxe hai dirixentes que así o pretenden.
Foron as conclusións que sacamos entre tod@s desta marabillosa lectura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario