Como o tema a traballar neste curso é "Dándolle á lingua na horta", pois este ano o Entroido versaría ao redor do tema.
Xa levamos moito tempo (dende o primeiro día de clase) que aprendemos e cantamos a canción "A horta de Balbina" de María Fumaça.
Unha das probas do xogo de inicio de curso consistía en aprender a letra da canción a través de pictograms. Logo, moitos días, a canción que poñiamos antes de entrar no cole era esta canción e mesmo nalgunha lectura na biblioteca rematamos "A hora do conto" con ela: cantando, bailando e disfrutándoa un montón.
Aquí vos deixo o vídeo orixinal:
Aquí o día que a cantamos e bailamos na biblio:
Ningún comentario:
Publicar un comentario