xoves
sábado
23 ABRIL: DÍA DO LIBRO
O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro, no noso centro quixemos darlle un significado especial ao momento lector que cada día forma parte da nosa rutina escolar.
Nesta ocasión, o alumnado de cursos superiores converteuse en padriños e madriñas lectoras dos máis pequenos, creando unha experiencia única arredor dos libros e da lectura compartida. Cada padriño/madriña escolleu con agarimo un conto para ler ao seu afillado ou afillada, asumindo a responsabilidade de transmitir non só unha historia, senón tamén o gusto polos libros.
A actividade desenvolveuse durante a hora habitual de lectura, pero cunha organización diferente e moi especial. As parellas lectoras repartíronse por distintos recunchos do centro, transformando espazos cotiáns en escenarios cheos de imaxinación e complicidade: os sofás da biblioteca, algunhas aulas, a entrada do colexio, o recuncho de convivencia e mesmo o patio, onde os columpios serviron de improvisado lugar de lectura.
Foi unha xornada entrañable na que puidemos ver como a lectura une, crea vínculos e favorece a convivencia entre diferentes idades. Os máis pequenos escoitaban atentos, mentres que os maiores exercían o seu papel con responsabilidade e ilusión, converténdose en modelos lectores.
Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado, que nos lembra a importancia de seguir fomentando o amor pola lectura e de crear momentos compartidos arredor dos libros.
Ademais, fixemos os nosos propios marcapáxinas para conmemorar este día e ter un toque artístico e con personalidade nos nosos momentos de lectura.
venres
PROXECTO CANSAT
Para levar a cabo este proxecto, o alumnado tivo que se familiarizarse co programa Tinkercad de impresion 3D así como coa propia impresora 3D.
Para iso, comezaron facendo pequenos exercicios de programación coa placa Microbit, para logo poder configurar correctamente os sensores do seu satélite.
Despois realizouse a fase de deseño de satélite e paracaídas, seguindo as pautas proporcionadas polo programa.
Por último, o alumnado realizou un póster cunha misión que podían levar a cabo co seu satélite dentro do evento do eclipse solar do próximo 12 de agosto.
luns
2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
O pasado día 2 de abril celebrouse O día Mundial de Concienciacion sobre O AUTISMO.
No noso cole quixemos conmemorar este día realizando una serie de actividades nas que participou todo o alumnado.
Primeiro, na nosa Biblioteca, escoitamos a lectura do conto "Soy la pera" de Pau Brunet, un conto que relata a propia experiencia e o día a día dun neno con Autismo.
Posteriormente, reflexionamos sobre os Mitos do Autismo, e aprendimos que non hai que dar cousas por feito e que as personas con Autismo, son personas únicas e que teñen unha forma diferente de ver e entender o mundo.
A continuación podedes botarlle un ollo á presentación sobre ditos mitos.

.png)

















