venres

PROXECTO CANSAT


 O pasado 20 de abril alumnado de terceiro ciclo viaxou a Cerceda, para participar no proxecto CANSAT, organizado dende a ESA e pola Xunta de Galicia para a categoría dos nosos alumnos.

Para levar a cabo este proxecto, o alumnado tivo que se familiarizarse co programa Tinkercad de impresion 3D así como coa propia impresora 3D.

Para iso, comezaron facendo pequenos exercicios de programación coa placa Microbit, para logo poder configurar correctamente os sensores do seu satélite.

Despois realizouse a fase de deseño de satélite e paracaídas, seguindo as pautas proporcionadas polo programa.

Por último, o alumnado realizou un póster cunha misión que podían levar a cabo co seu satélite dentro do evento do eclipse solar do próximo 12 de agosto.





Ningún comentario:

Publicar un comentario