venres

FACEMOS OS CARNETS KOHA DO ALUMNADO DE PRIMEIRO

 Como sabedes, o programa de xestión da biblioteca foi cambiado hai 2 cursos. do programa Meiga (o anterior) pasamos a un novo chamado Koha. Isto implica que os carnets da biblioteca tamébn cambiaron.

Así que este ano facémosllos ao alumnado de 1º de Primaria (o resto de Primaria xa o ten).

Para iso a cada nena e a cada neno  sacámoslle unha foto xunto a Pulpi, ao que tanto queremos.

Esta foto figurará no carnet de usuari@, nas tarxetas de sinalización individuais e tamén no programa de xestión da biblioteca.

E para celebrar este feito tan importante (ter carnet da biblio) fixemos esta pequena presentación.

 

xoves

COLLEITA DE OUTONO

 Empezado o cole o alumnado de 1º e 2º procedeu á colleita dos froitos e a preparar o horto para unha nova actuación anual.

Traballaron moi ben en equipo e repartiron a colleita con todo o alumnado do centro.

Mirade que chulo!


Cebolas


Pipas



Reparto




Celebrando a colleita





venres

COÑECÉMONOS MELLOR

 Este curso o alumnado de 5º e 6º comparten aula. E aínda que se coñecen, porque no noso cole ninguén é anónimo, aínda non formaron grupo unido.

Para empezar a coñecernos mellor cada alumn@ escribiu e decorou 4 números importantes da súa vida, explicando o porqué. Expuxéronse todos os carteis e a continuación cada alumn@ tiña que escribir 3 mensaxes de apoio en papeis autocolantes e pegalos nos carteis d@s compañeir@s.

Non se permitía que nun mesmo número houbese máis dun papel, de maneira que tod@s tivesen mensaxes no seu cartel.

Xa rematados puxémolos no corredor para que así tamén nos coñezan mellor o resto de compañeiros.










mércores

EMPEZAMOOOOOOOS!

 Chegou o primeiro día deste novo curso 2022-2023.

Como nos últimos cursos, temos preparada unha ximcana de 5 xogos que o alumnado dividido en 5 equipos deberá superar para conseguir un sobre con letras.

Xuntando todas as letras conseguidas polos equipos formaremos o lema do "Proxecto anual do Centro".

A temática dos xogos xa dá unha pista sobre o lema.

Así foi a xornada! Pasámolo de medo!