luns

XOGOS CON SCRATCH. RECICLAXE E HABILIDADE

 En 6º iniciámonos na programación con Scratch.

Scratch é unha linguaxe de programación creada por el MIT (Massachusetts Intitute of technology) especialmente deseñado para que todo o mundo poida iniciarse na programación.

É unha linguaxe que ten unha enorme difusión gracias á súa gratuidade.

Nos ordenadores edixgal xa vén instalado e tamén se pode crear a través da páxina web de Scratch.





Aquí tedes algúns exemplos do que aprenderon a facer en 6º.



O teu mergullador está ecollendo o lixo do fondo do río. Axúdao arrastrándoo co rato e sen tocar as ras. Senón todo haberá acabado. (Traballo de Irene)


  

Arrastra o gato co rato do ordenador e lévao ao refuxio do Parque Natural sen saírte do camiño, senón deberás volver a empezar o xogo.


 

Arrastra o gato co rato do ordenador e lévao ao refuxio do Parque Natural sen saírte do camiño, senón deberás volver a empezar o xogo.

PILABOT


A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven esta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

Trátase de Pilabot, un concurso no que independientemente de gañar ou non, reciclaremos un montón de pilas e baterías, asegurándonos así de que non rematan no lugar inadecuado e aprenderemos sobre a importancia de facelo así. Porque ademais recibiremos no centro un obradoiro sobre a economía circular, a reciclaxe e especialmente a reciclaxe de pilas e baterías.

Solicitamos a participación que nos foi concedida. así, que unha vez recibido no centro o material para a súa realización (carteis, caixas individuais para transportar as pilas dende os fogares e contenedor grande onde xuntalas) poñémonos mans á obra.

Mirade este vídeo sobre a actividade.

 


Temos ata o 14 de abril para recoller no cole todas as pilas e baterías que poidamos, xa que os premios outórganse por cantidade de pilas recollidas tanto por centro como por alumno.



POR UN PLANETA SOSTIBLE, QUE É NECESARIO E POSIBLE!!!!