A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven esta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.
Trátase de Pilabot, un concurso no que independientemente de gañar ou non, reciclaremos un montón de pilas e baterías, asegurándonos así de que non rematan no lugar inadecuado e aprenderemos sobre a importancia de facelo así. Porque ademais recibiremos no centro un obradoiro sobre a economía circular, a reciclaxe e especialmente a reciclaxe de pilas e baterías.
Solicitamos a participación que nos foi concedida. así, que unha vez recibido no centro o material para a súa realización (carteis, caixas individuais para transportar as pilas dende os fogares e contenedor grande onde xuntalas) poñémonos mans á obra.
Mirade este vídeo sobre a actividade.
Temos ata o 14 de abril para recoller no cole todas as pilas e baterías que poidamos, xa que os premios outórganse por cantidade de pilas recollidas tanto por centro como por alumno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario