Como este ano o proxecto do cole trata sobre a pintura galega, para o Entroido o Equipo de Dinamización da Lingua Galega escolleu 4 cadros de pintores e pintoras galegos que representan profesións diferentes (antigas e actuais) e unha ilustración da galega Iria Fafián para un libro-disco de cancións para a Paz " A bruxa da discordia".
Aquí tedes os escollidos:
Nas fotos recreamos os cadros escollidos para cada curso expoñendo ademais o orixinal que nos inspirou.
E ata xogamos a facer como antes nas escolas!
E aquí o resultado deste "ENTROIDO PINTUREIRO". Foi simplemente XENIAL.
Non vos perdades a seguinte entrada do blog xa que nela poñeremos o vídeo da copla do Entroido que entre todos escribimos e interpretamos!!!
Un ano máis Pulpi foi o encargado de propoñer os mandados para o Entroido.
Os carteis expoñíanse na entrada do centro para podelos ver ben o día anterior.
E por suposto con referencia ás "Artes pintureiras"
Ademais o alumnado de 5º elaborou un cartel co programa das festas.
Así de ben o pasamos o luns, martes, mércores e xoves.
Ademais o mércores coincidiu co Día de Rosalía no que ademais dun vídeo contando a súa vida co kamishibai preparamos unha coreografía co tema "Rosalía pequeniña", de Uxía Senlle, no disco-libro do mesmo nome da Editorial Galaxia, canción que encanta a grandes e pequenos e que nunca nos pode faltar no día da nosa grande poetisa.
Temos unha entrada no blog tanto para o kamishibai coma para a coreografía.
O venres foi o día grande e iso merece unha nova entrada.
Marabilloso traballo do alumnado de 5º para compartir contos cos mais pequenos.
Como con isto da pandemia aínda non nos xuntamos, e para traballar a lectura expresiva en galego, idearon facer unha pequena selección de contos. Un por cada alumna e alumno.
Cadaquen o levaba a casa para practicar a súa lectura e deberían entregar unha grabación de audio co resultado. así nas outras clases poderín ver as ilustracións memtres os seus compas maiores narraban a historia.
Estes foron os libros seleccionados
Escolleron ben, a que si? O son non é do mellor xa que utilizaron os medios caseiros dos que dispoñían, pero aínda así é un pracer escoital@s.
Se queres escoitar outra vez algún aquí che deixamos uns pouquiños.
Unha vez máis celebramos no cole o Día de Rosalía. Non podía ser doutra forma, porque non nos cansamos de disfrutar da súa poesía e de admirarnos ano tras anos de que siga a emocionar a grandes e pequenos a pesar do paso dos anos.
Sabemos que moitos dos seus poemas están musicados e coñecemos diferentes versións pero fagamos o que fagamos sempre temos que rematar a celebración coa canción de Uxía"Rosalía pequeniña" do seu libro disco do mesmo título.(A unión de dúas mulleres tan marabillosas non pode máis que ofrecer un resultado magnífico).
Como nos gusta tanto, este ano preparamos unha danza con percusión corporal para bailar todos xuntos na pista do cole neste día tan sinalado.
Cada grupo de aula preparou o seu fragmento de danza nas clases de música e logo xuntámonos na pista para interpretar a danza tod@s xunt@s na pista. Desa maneira cada grupo disfrutaba como público da coreografía dos outros cursos e esmerábase en interpretar o seu fragmento.
Disfrutamos moito e sentímonos orgullos@s do resultado final. E para podelo compartir coa comunidade educativa poñémolo aquí en vídeo.
Un curso máis solicitamos participar neste plan solicitando charlas informativas
Un cuso máis solicitamos as charlas informativas/formativas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que a Consellería de Educación pon á disposición dos centros educativos no chamado Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Impartíronse para 5º e 6º de Primaria
Como esta pandemia aínda non nos deixa xuntarnos tod@s na biblio para disfrutar de lecturas colectivas (entre outras cousas máis) as rapazas e rapaces de 5º e de 6º fan esta lectura en Kamishibai gravada en vídeo para que a poidades disfrutar igualmente, e ademais todas as veces que queirades.
Esta actividade foi proposta polo Deapartamento de Dinamización da Lingua Galega no marco do proxecto anual "Isto pinta ben" poñendo en valor pintoras e pintores galegos e fomentando o uso da nosa lingua como vehículo para a expresión dos nosos sentimentos.
O taboleiro de entrada ao cole apareceu así:
Dúas marabillosas obras de Vanesa Lodeiro, artista galega contemporánea que combina a súa propia creación con clases de puintura para nenos e maiores.
Segundo se recolle no blog de arte SubastaReal , a propia Vanesa di que a súa obra é unha especie de "diario persoal" ao que lle "arrincou os páxinas tristes", unha oda á alegría de vivir e que pon a súa arte para transformar os seus recordos nunha experiencia de vida.
Como non podía ser doutra forma, o noso alumnado púxose mans á obra na creación deses lemas sobre a paz que a actividade propón e penduran nunha árbore sen follas á espera de seren impresas en vinilos que decoraran os chanzos da escaleira de acceso.
Este ano se poñía o "foco" nas vítimas invisibles desta violencia
"Tras cada nai maltratada que ten fillos ou fillas menores, estes/as sofren trastornos físicos, emocionais,
cognitivos, conductuais e sociais.
É un mito que a conducta violenta do agresor á muller non é un risco para os seus fillos/as.
O exercicio da Violencia Doméstica sempre afecta aos nenos e nenas, sempre, ben como receptores,
ben como testigos. As agresións dunha figura primordial de referencia no seu crecemento (o pai) sobre
o axente de socialización por excelencia (a nai), levan aos menores a crecer nun profundo medo, ata o
punto que os trastornos e problemas que presentan estes nenos e nenas son similares aos que presentan
as súas nais como vítimas directas de violencia de xénero."
Así recibimos no cole as nosas "Violetas" que enseguida enchemos de mensaxes das nenas e nenos do cole rexeitando unha vez máis esta violencia exercida contra as mulleres só polo feito de ser mulleres.
Despois duns días as nosas Violetas marcharon a Ferrol para formar parte dunha exposición conxunta de todas as Violetas cheas de mensaxes de alumnado de diferentes centros da contorna. A exposición realizouse no edificio de A Fundación, Obra social de Abanca e luciu así de ben.
Tamén se propoñía aprender unha coreografía especialmente deseñada para unha canción creada por Eugenia Sanmartín para a ocasión. No cole non nos atrevemos coa coreografía pero si visionamos o vídeo nas aulas e traballamos sobre a letra.
Xa sabedes.... As nenas e nenos do cole corren pola paz ademais de coñecer mellor o mundo que lles rodea a partir dos materiais que a ONG proporciona e que traballamos nas aulas.
Este ano a ONG adica esta iniciativa (e os cartos recollidos con ela) ao Corno de África, onde a pobreza, o cambio climático, os conflictos ,a desnutrición e a pandemia polo Covid e as desigualdades de xénero provocan unha situación de hambruna alrmante e nunca antes acadada.
Pensade só por un momento que no mundo hai 5,7 millóns de nenas e nenos menores de 5 anos en risco de morte por desnutrición. Dise moi rápido pero non é fácil de dixerir.
O noso alumnado, co dorlas proporcionado pola ONG corre cantas voltas ao patio poida e sexa capaz. No seu "carnet da carreira" apúntanse al voltas que deu e as familias "subencionan" o seu esforzo na medida que estimen oportuna.
Os cartos recollidos son enviados por nós á ONG para axudar nesta loita imprescindible.