luns

VENRES DE ENTROIDO

 Como este ano o proxecto do cole trata sobre a pintura galega, para o Entroido o Equipo de Dinamización da Lingua Galega escolleu 4 cadros de pintores e pintoras galegos que representan profesións diferentes (antigas e actuais) e unha ilustración da galega Iria Fafián para un libro-disco de cancións para a Paz " A bruxa da discordia".

Aquí tedes os escollidos:







Nas fotos recreamos os cadros escollidos para cada curso expoñendo ademais o orixinal que nos inspirou.

E ata xogamos a facer como antes nas escolas!


E aquí o resultado deste "ENTROIDO PINTUREIRO". Foi simplemente XENIAL.



Non vos perdades a seguinte entrada do blog xa que nela poñeremos o vídeo da copla do Entroido que entre todos escribimos e interpretamos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario