Unha vez máis celebramos no cole o Día de Rosalía. Non podía ser doutra forma, porque non nos cansamos de disfrutar da súa poesía e de admirarnos ano tras anos de que siga a emocionar a grandes e pequenos a pesar do paso dos anos.
Sabemos que moitos dos seus poemas están musicados e coñecemos diferentes versións pero fagamos o que fagamos sempre temos que rematar a celebración coa canción de Uxía "Rosalía pequeniña" do seu libro disco do mesmo título.(A unión de dúas mulleres tan marabillosas non pode máis que ofrecer un resultado magnífico).
Como nos gusta tanto, este ano preparamos unha danza con percusión corporal para bailar todos xuntos na pista do cole neste día tan sinalado.
Cada grupo de aula preparou o seu fragmento de danza nas clases de música e logo xuntámonos na pista para interpretar a danza tod@s xunt@s na pista. Desa maneira cada grupo disfrutaba como público da coreografía dos outros cursos e esmerábase en interpretar o seu fragmento.
Disfrutamos moito e sentímonos orgullos@s do resultado final. E para podelo compartir coa comunidade educativa poñémolo aquí en vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario