mércores

DÍA DA PAZ. CANTANDO POLA PAZ

 Non podía faltar a música nas celebracións deste día.

Xa hai uns anos que temos na biblioteca o conto "La canción de las balanzas"de Alba Salvador Llopis na editorial Takatuka e descubrimos a súa historia.

En 1968 o poeta, filósofo, novelista e periodista Josep María Carandell escribiu esta canción para o seu amigo Ovidi Montllor. A canción incluída no seu primeiro disco converteuse nunha especie de "himno popular" na súa época.

Josep María Carendell tamén escribiu unha obra de teatro con esta historia e deses escritos, cedidos pola súa viúva a Alba Salvador, "naceu" este marabilloso conto ilustrado con moita dose de humor por Ignasi Blanch

Esta historia narra a distancia entre "o poder" e as persoas, que por desgracia segue a estar presente no noso mundo actual e que impide que a paz reine no mundo.

A letra da canción orixinal está escrita en catalán, e así a canta Ovidi Montllor. No conto da biblio está en castelán e nós a puxemos en galego (non podía ser doutra maneira).

E tod@s xunt@s a cantamos neste día. Disfrutádea!





Ningún comentario:

Publicar un comentario