xoves

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Como proposta para conmemorar este día recibimos de parte da FANPA Ferrolterra Concepción Arenal a seguinte información.




E apuntámonos, claro!

Este ano se poñía o "foco" nas vítimas invisibles desta violencia

"Tras cada nai maltratada que ten fillos ou fillas menores, estes/as sofren trastornos físicos, emocionais,
cognitivos, conductuais e sociais.
É un mito que a conducta violenta do agresor á muller non é un risco para os seus fillos/as.
O exercicio da Violencia Doméstica sempre afecta aos nenos e nenas, sempre, ben como receptores,
ben como testigos. As agresións dunha figura primordial de referencia no seu crecemento (o pai) sobre
o axente de socialización por excelencia (a nai), levan aos menores a crecer nun profundo medo, ata o
punto que os trastornos e problemas que presentan estes nenos e nenas son similares aos que presentan
as súas nais como vítimas directas de violencia de xénero."

Así recibimos no cole as nosas "Violetas" que enseguida enchemos de mensaxes das nenas e nenos do cole rexeitando unha vez máis esta violencia exercida contra as mulleres só polo feito de ser mulleres.



Despois duns días as nosas Violetas marcharon a Ferrol para formar parte dunha exposición conxunta de todas as Violetas cheas de mensaxes de alumnado de diferentes centros da contorna. A exposición realizouse no edificio de A Fundación, Obra social de Abanca e luciu así de ben.







Tamén se propoñía aprender unha coreografía especialmente deseñada para unha canción creada por  Eugenia Sanmartín para a ocasión. No cole non nos atrevemos coa coreografía pero si visionamos o vídeo nas aulas e traballamos sobre a letra.

Auí tedes enlazado o vídeo proposto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario