martes

DÍA DOS NAMORADOS

Na edición especial de "A hora do conto" con motivo do Día dos namorados, Eli, Sigrid e Carla , de 4º de Primaria, leron ¡Eeeeeh!, unha marabillosa historia maxistralmente narrada por estas rapazas.
No enlace podes ter máis información.

Aquí tedes un recordo dese momento. Disfrutádeo!

mércores

DISFRACES DO ENTROIDO 2013

Este ano os máis pequenos do cole están a traballar nun proxecto sobre os Inuits.
Ademais no 2º e 3º ciclo estamos a ler "O nacemento de Nunavut", que xustamente fala dunha nena deste sorprendente pobo.
Así que para o Entroido deste ano escollimos "OS POLOS" como tema para elaborar os nosos disfraces.
Cada Ciclo escolleu un e puxémonos mans á obra.
E iste foi o resultado.

Podedes ir cantando a Copla do Entroido ao tempo que vedes a presentación. A letra a tedes escrita, e a música é a do "Barquiño Chiquitito".
Disfrutádeo.

MANDADOS DO ENTROIDO

Durante a Semana do Entroido e cada día, Pulpi, a nosa mascota, colocaba un Mandado ao seu carón na entrada do colexio.
Todos e todas mirábamolo e así ao día seguinte obedeciamos o seu mandado.
Foi moi divertido chegar á escola e comprobar que tiñan escollido os nosos compañeiros e compañeiras, as profes e o conserxe. Ata Pulpi aparecía co mandado.
Repetirémolo para o ano que ven.
 MIRADE, MIRADE QUE DIVERTIDO!




A PAZ CON ROSA PARK

Para o segundo e terceiro ciclo de Primaria celebramos unha sesión especial de "A hora do Conto" na semana da Paz 2013.
Descubrimos este marabilloso conto de Bárbara Fiore Editora e aproveitamos data tan sinalada para amosárvolo.
Aquí tedes unha presentación deste momento e do libro.

EL AUTOBUS DE ROSA


More PowerPoint presentations from bibliofranza




Clica nas imaxes se queres saber algo máis sobre Rosa Park e Martin Luther King

TEATRO POLA PAZ

As nenas e nenos de 4º, como xa vai sendo habitual neles, prepararon esta pequena actuación teatral para representar polo Día da Paz.
Unha vez máis amosaron as súas magníficas dotes interpretativas e fixeron as ledicias de todo o público.
Magnífico traballo da profe Begoña e por suposto dos actores.
Disfrutádeos!

luns

A VOLTAS COA PAZ


¡Así fue! ¡No, fue así! ¡No, así!

E tamén con motivo deste día,na biblioteca, as nenas e nenos de 6º leron un conto moi especial.
"¡Así fue! ¡No, fue así! ¡No, así!" , de Schärer Kathrin, publicado pola editorial Océano Travesía.

Prodúcese un accidente no xogo do oso, o raposo e o texón e iso os leva a discutir sobre como sucederon verdadeiramente as cousas. Cada un ten unha versión diferente sobre o sucedido, ata que chega o esquío, que todo o viu.
Un conto sobre unha discusión, un alegato sobre a importancia de aprender a escoitar e dialogar con respecto e educación.



(Clica na imaxe e poderás ver algunhas páxinas do libro)

CANTANDO XUNTOS POLA PAZ

Tamén con motivo do Día da Paz xuntámonos todos nunha gran roda no patio cuberto e cantamos xuntos pola paz.
Nesta ocasión escollemos "A ronda do soldadiño" unha cantiga de José Mário Branco, cantautor portugués, cunha letra e unha melodía sinxelas pero ben fermosas.
Este foi o resultado (con alghúns cortes por problemas técnicos).

domingo

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Como en anos anteriores participamos coa ONG SAVE THE CHILDREN organizando unha carrera solidaria a favor dos nenos e nenas de Níxer.(Clica no enlace para saber máis)
Por cada volta percorrida cada neno/a aportaba unha cantidade determinada segundo os padriños e madriñas que conseguira no seu ámbito familiar e social.
O máis fermoso é ver o esforzo que todos e todas fixeron por dar o maior número de voltas posibles e así conseguir máis para nenos e nenas moi necesitados. É un xesto que nos fai máis fortes, firmes e solidarios.
Foi un acto emocionante, cheo de entusiasmo, esforzo, superación e sobre todo alegría. Nin sequera a choiva conseguiu desfacer o encanto.
Grazas a todos e a todas por regalarnos estes marabillosos momentos.

Aquí tedes algunhas imaxes.


biblioteca's Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.


Ademáis tiñamos o cole cheo de traballos sobre esta data tan sinalada: