Dentro do proxecto: Os polbos, o alumnado de 1º ciclo realizou un traballo en forma de Lapbook, sobre a súa localidade, facendo fincapé nas súas tradicións, festas...
Amosando publicacións coa etiqueta Cortadora láser b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cortadora láser b>. Amosar todas as publicacións
domingo
PROXECTO: OS POLBOS (LAPBOOK)
xoves
LETRAS GALEGAS. CANTAREIRAS, POESÍA POPULAR ORAL
Este ano, o Día das Letras Galegas, é unha homenaxe as Cantareiras e a poesía popular oral.
No seguinte video vos mostramos todo o que fixemos para conmemorar, a elas, e as nosas letras.
martes
PROXECTO: OPERACIÓN H2O (SALVANDO PALABRAS)
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega plantéase esta actividade para traballar vocabulario non utilizado ou non coñecido polo noso alumnado.
Esta actividade tomou un carácter interdisciplinar pois incluíronse tarefas traballadas dende Biblioteca creativa e Polos creativos.Cada grupo clase escolleu palabras non coñecidas que queríamos "Salvar" relacionadas co tema do proxecto anual sobre a auga: Operación H2O, e a partires de aí, fixemos distintas tarefas: un cartel en cada aula, deseño das palabras no Inkscape e coa cortadora láser... gravamos as palabras en goma eva con diferentes cores, estas pasaron a colgarse nun mural con soporte de madeira e aquí lucirán as palabras cun QR donde se poden ver os vídeos que tamén se gravaron por parellas coas explicacións dos nen@s sobre o vocabulario aprendido.
Esta estructura pretende seguir recollendo en cursos seguintes máis palabras doutros posibles temas.
mércores
PROXECTO: OPERACIÓN H2O (O CICLO DA AUGA)
Dentro do noso proxecto Operación H2O, o alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P, realizaron unha maqueta para explicar, dunha forma máis práctica e visual, o Ciclo da auga.
Na seguinte presentación vos contamos o "Como se fixo", desta maqueta tan creativa.
Pero... que é o Ciclo da auga?
A continuación, vos mostramos un video onde o alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P, o explican moi ben.
Estade moi atentos e atentas, que ao final vanvos facer unhas cuantas cuestións.
Seredes capaces de respondelas correctamente? Ánimo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpeg)




