Dentro das actividades pensadas para celebrar en familia, recibimos a visita dun contacontos en colaboración coa librería A lenda do gato de Mugardos
A xornada consistiu primeiramente na xuntanza do alumnado nun tempo de tarde para poder compartir no espazo da biblioteca lectura e diversión.
Desenvolveron unha xincana literaria na que os alumnos/as divididos en dous equipos tiña que atopar por diferentes espazos do centro o primeiro exemplar escollido para a lectura.
Unha vez atopado o libro, o xogo consistía en descubrir unha serie de pistas para completar o texto e que o conto puidese continuar.
Foi unha xornada chea de diversión e o obxectivo principal foi que en tempo de ocio as familias achegaran os nenos/as a nosa biblioteca.




Ningún comentario:
Publicar un comentario