luns

AS FRAGAS DO EUME. ESPAZO NATURAL PROTEXIDO. CHARLA DO CEIDA

 Dentro do noso proxecto anula "Planeta sostible, necesario e posible" solicitamos ao CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia) participar na súa oferta educativa.

Das actividades educativas que ofertaron escollimos a de "Espazos naturais protexidos" xa que neles se incluían As Fragas do Eume, tan próximas a nós.

A verdade é que todas as opcións ofertadas nos resultaban interesantes (Lixo Mariño e Loita contra a Emerxencia Climática) e costounos moito decidir.

Dentro do programa seleccionado o alumnado de 3º a 6º recibiu unha charla formativa sobre este espazo tan singular. Máis adiante realizaremos unha saída guiada polas fragas. Xa vos contaremos!

O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

CONTIDOS

Que é un espazo natural protexido? E unha reserva da biosfera? Por que?

Situación do espazo. Importancia e valores dos mesmos.

Valores naturais: fauna, flora, xeoloxía, relevo, paisaxe.

Valores sociais: cultura, tradición, historia, aproveitamento.

Problemáticas ambientais dos espazos. Propostas e medidas para a súa conservación e aproveitamento.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Extraído da páxina web do Ceida













A charla foi moi didáctica e amena. Aprendimos un montón de cousas sobre a súa historia, flora e fauna, así como a importancia de coidalas e preservalas.

Estamos desexando que chegue o día da excursión!. 




MAGOSTO, SAMAÍN E DÍA DO PEÓN

 


sábado

EDUCACIÓN INFANTIL TAMÉN FOI AO TEATRO

Tamén E. Infantil participou na "XXXVIII MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN" asistindo á representación de "Carabela" da compañía Galeatro.

Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.







A experiencia de acudir a unha representaión teatral (viaxe no autobús, ocupar a cosa butaca, disfrutar dun espectáculo de calidade en vivo...) xa é de por si unha situación de aprendizaxe ben valiosa e se ademais o contido da obra complementa o noso proxecto anual sobre sostenibilidade xa é todo un luxo que puidemos disfrutar.

NON AO ACOSO ESCOLAR

 Dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, o alumnado de 5º e 6º recibiu a segunda das charlas solicitadas este curso.

Nesta ocasión traballamos sobre o acoso escolar, dando pautas de comportamento tanto para quen o sufra coma para quen sexa testigo (resaltando a importancia desta figura no problema) e,por suposto, valorando a empatía como unha habilidade social que evitaría convertirnos nós mesm@s en acosador@s.




 

venres

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022.  "A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."

 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.

 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS."

Texto extraído do blog das Bibliotecas Escolares de Galicia 


Aquí tedes o cartel da conmemoración en galego!


E nós cuidámoste neste día permitíndote disfrutar da lectura dun marabilloso conto a cargo de alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria e coa proxección das imaxes na pantalla.

O conto escollido foi "A estraña visita" da Editorial Bululú. 

A súa autora é Gracia Iglesias, poeta, escritora e artista performance ademais de prolífica autora de Literatrura Infantil e Xuvenil (clica no seu nome e visitarás a sua páxina web).

E o ilustrador é Vicente Cruz, que sempre está ligado ao mundo da ilustración e da imaxe, pintando murais, ilustrando para editoriais e prensa, elaborando curtametraxes e mesmo deseñando xoguetes. (clica no seu nome para acceder ao seu blog).

Unha desternillante historia que mistura a risa co medo e que foi do gusto de tod@s. Incluídas as profes!









martes

A BIBLIO, ESE LUGAR ESPECIAL

 O pasado día 20 a profe Merce cumpriu 60 anos (e o conto porque xa era público) e chegou o día da súa xubilación.

Merce é a profe de PT e todo o alumnado a coñece, porque "visita" todas as aulas e sempre está disposta a axudar a calquera. Ademais ten unha paciencia infinita e maneiras doces e suaves. É imposible non querela, preguntádelle a quen queirades!

E en que lugar do cole podemos xuntarnos para decirlle adeus dunha maneira especial?....

Pois claro! Na biblio! Ese lugar de encontro e xuntanza, tan especial para todas e todos, onde sempre pasamos ratos estupendos e onde tod@s facemos "familia".

Merce non sabía nada desta iniciativa e moito menos dos agasallos recibidos por parte de alumnado de 6º que traballaron os día previos no cole e nas casas para enchela de agasallos. Cartas, debuxos,mariposas de papiroflexia, libros escritos por elas, galletas caseras, unha bolsa moi especial..... Unha chea de agasallos preciosos e cheos de cariño.

Aquí vos deixo un vídeo que recolle parte de eses momentos!




venres

FOMOS AO TEATRO!!!

 O pasado luns asistimos a unha representación teatral, a cargo da xa moi coñecida por nós e polos escolares (e non escolares) de toda Galicia,  compañía "Ghazafelhos"

Nesta ocasión a compañía representaba a obra "Ninja",  unha obra coa que abordan o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade e coa que queren amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible.






Pasámolo bomba!


CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

 O pasado 9 de outubro, o alumnado de 5º e 6º recibiu unha charla sobre Ciberseguridade, dentro do programa "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos" .

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

(extraído do portal educativo da Xunta de Galicia)

Esta é a primeira de 3 charlas solicitados polo noso centro para este alumnado.





domingo

FALO DE MIN

 En 3º e 4º fixeron esta marabilla de traballo, combinando a expresión plástica coa escrita, para así presentarse de xeito individual á comunidade educativa.

Traballaron coa cor, co trazo, coa textura, coa fotografía, co collage e coa escrita para compoñer cadanseu cartel e encher o corredor de arte e amosar a propia identidade aos demais.

E para que tamén dende as casas o poidades disfrutar deixámosvos aquí a proba.