Dentro do noso proxecto anula "Planeta sostible, necesario e posible" solicitamos ao CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia) participar na súa oferta educativa.
Das actividades educativas que ofertaron escollimos a de "Espazos naturais protexidos" xa que neles se incluían As Fragas do Eume, tan próximas a nós.
A verdade é que todas as opcións ofertadas nos resultaban interesantes (Lixo Mariño e Loita contra a Emerxencia Climática) e costounos moito decidir.
Dentro do programa seleccionado o alumnado de 3º a 6º recibiu unha charla formativa sobre este espazo tan singular. Máis adiante realizaremos unha saída guiada polas fragas. Xa vos contaremos!
O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.
CONTIDOS
Que é un espazo natural protexido? E unha reserva da biosfera? Por que?
Situación do espazo. Importancia e valores dos mesmos.
Valores naturais: fauna, flora, xeoloxía, relevo, paisaxe.
Valores sociais: cultura, tradición, historia, aproveitamento.
Problemáticas ambientais dos espazos. Propostas e medidas para a súa conservación e aproveitamento.
PERÍODO DE REALIZACIÓN
Extraído da páxina web do Ceida
A charla foi moi didáctica e amena. Aprendimos un montón de cousas sobre a súa historia, flora e fauna, así como a importancia de coidalas e preservalas.
Estamos desexando que chegue o día da excursión!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario