Tamén E. Infantil participou na "XXXVIII MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN" asistindo á representación de "Carabela" da compañía Galeatro.
Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.
A experiencia de acudir a unha representaión teatral (viaxe no autobús, ocupar a cosa butaca, disfrutar dun espectáculo de calidade en vivo...) xa é de por si unha situación de aprendizaxe ben valiosa e se ademais o contido da obra complementa o noso proxecto anual sobre sostenibilidade xa é todo un luxo que puidemos disfrutar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario