venres

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022.  "A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."

 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.

 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS."

Texto extraído do blog das Bibliotecas Escolares de Galicia 


Aquí tedes o cartel da conmemoración en galego!


E nós cuidámoste neste día permitíndote disfrutar da lectura dun marabilloso conto a cargo de alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria e coa proxección das imaxes na pantalla.

O conto escollido foi "A estraña visita" da Editorial Bululú. 

A súa autora é Gracia Iglesias, poeta, escritora e artista performance ademais de prolífica autora de Literatrura Infantil e Xuvenil (clica no seu nome e visitarás a sua páxina web).

E o ilustrador é Vicente Cruz, que sempre está ligado ao mundo da ilustración e da imaxe, pintando murais, ilustrando para editoriais e prensa, elaborando curtametraxes e mesmo deseñando xoguetes. (clica no seu nome para acceder ao seu blog).

Unha desternillante historia que mistura a risa co medo e que foi do gusto de tod@s. Incluídas as profes!









Ningún comentario:

Publicar un comentario