O pasado día 20 a profe Merce cumpriu 60 anos (e o conto porque xa era público) e chegou o día da súa xubilación.
Merce é a profe de PT e todo o alumnado a coñece, porque "visita" todas as aulas e sempre está disposta a axudar a calquera. Ademais ten unha paciencia infinita e maneiras doces e suaves. É imposible non querela, preguntádelle a quen queirades!
E en que lugar do cole podemos xuntarnos para decirlle adeus dunha maneira especial?....
Pois claro! Na biblio! Ese lugar de encontro e xuntanza, tan especial para todas e todos, onde sempre pasamos ratos estupendos e onde tod@s facemos "familia".
Merce non sabía nada desta iniciativa e moito menos dos agasallos recibidos por parte de alumnado de 6º que traballaron os día previos no cole e nas casas para enchela de agasallos. Cartas, debuxos,mariposas de papiroflexia, libros escritos por elas, galletas caseras, unha bolsa moi especial..... Unha chea de agasallos preciosos e cheos de cariño.
Aquí vos deixo un vídeo que recolle parte de eses momentos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario