xoves


APRENDENDO A TRABALLAR CO PROGRAMA MEIGA by Slidely Slideshow


Como cada ano a principio de curso o alumnado de 6º recibe sesións formativas para aprender a traballar co programa Meiga de xestión da biblioteca para ser quen de poder realizar empréstitos e devolucións dos fondos durante os recreos.
Nestas sesións tamén traballamos sobre os aspectos de organización e funcionamento da biblioteca así como sobre as normas que se deben cumprir e como actuar en caso de que alguén non as cumpra.

Unha vez máis traballaron con eficacia e interese e con moita ilusión por seren os responsables da biblioteca deste ano.

Moitas grazas, chic@s!!!!

sábado

EMPEZO DE CURSO!!!

Para o primeiro día de clases, os profes Andrea e Pablo deseñaron esta actividade-xogo tan xenial.

Despois do recreo levamos a todo o alumnado á biblioteca. Alí recibiron unha inquedante mensaxe en vídeo. Pulpi foi secuestrado por alieníxenas e só colaborando tod@s para superar certas probas poderían liberalo.

Había que pasar á acción, pois non podemos comenzar este curso (nin ningún outro) sen o noso Pulpi.




Foi entón cando fixemos 6 equipos formados por alumnas e alumnos de cursos diferentes. a pesares de que @s máis pequen@s estaban verdadeiramente preocupados por se entrara alguén no colexio durante o verán.

 Cada equipo tiña o nome dun planeta do Sistema Solar e comenzaban as diferentes probas nunha das diferentes "Estacións espaciais" preparadas e de xeito rotatorio, de tal forma que todos os equipos pasaron por todas as probas, conseguindo estrelas cando a superaban.
 Na última das seis probas obtiñan ademais un número que deberían aportar á última proba que era conxunta.
Así, despois duns cantos cálculos matemáticos obtiveron a combinación do candado que pechaba a porta onde estaba Pulpi encerrado...

Así foi:





PASÁMOLO XENIAL!!!

GRAZAS A TOD@S, ALUMN@S E PROFES. E SOBRE TODO A ANDREA E A PABLO.

PULPI QUERE DAR AS GRAZAS ÁS NENAS E NENOS QUE DEMOSTRARON UNHA VEZ MÁIS CANTO O QUEREN E LOGRARON LIBERALO!!!!