xoves
APRENDENDO A TRABALLAR CO PROGRAMA MEIGA by Slidely Slideshow
Como cada ano a principio de curso o alumnado de 6º recibe sesións formativas para aprender a traballar co programa Meiga de xestión da biblioteca para ser quen de poder realizar empréstitos e devolucións dos fondos durante os recreos.
Nestas sesións tamén traballamos sobre os aspectos de organización e funcionamento da biblioteca así como sobre as normas que se deben cumprir e como actuar en caso de que alguén non as cumpra.
Unha vez máis traballaron con eficacia e interese e con moita ilusión por seren os responsables da biblioteca deste ano.
Moitas grazas, chic@s!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario