mércores

EN EDUCACIÓN INFANTIL HAI UNHA MOSCA

 Para o noso Festival Virtual de Fin de Curso en E. Infantil preparamos a canción de "Ramona, a mosca lambona" de Musicreques, a quen agradecemos a súa xenerosidade ao permitirnos usar a súa canción e compartila con todas e todos.

Musicreques está formado por dúas profesoras superiores de piano, Alma e Loreto que no ano 2012 formaron o grupo Musicreques, un dúo de piano a catro mans e teatro de monicreques, co fin de achegar a música clásica aos rapaces dun xeito ameno e divertido. 

Musicreques realiza contos musicais para público infantil e familiar nos que a música de piano, interpretada en directo, mestúrase cos contos e o teatro de monicreques para divertir aos nenos e engaiolalos coa beleza das artes escénicas.

Este é un dos seus logos e se clicades nel accederedes ao seu Facebook

Desta canción editaron un conto en papel que podedes atopar nas librerías. Se clicades na portada do libro accederedes á información no seu blog sobre este conto:

 


E agora vos deixamos o noso vídeo coa nosa propia Ramona que con tanto cariño coidaron na clase de Infantil.



ROCK DO PENTAGRAMA

 Actuación musical de 1º e 2º de E. Primaria para o Festival Virtual de fin de curso. Así de ben o fixeron!!


ORQUESTRA DA COCIÑA

 En 3º e 4º crearon unha orquestriña con cacharros de cociña. Ademais fabricaron os seus propios gorros de cociñeiras e cociñeiros. Para compartilo con vós grabámolo diante do mural de Leandro Lamas.


RITMO CON BALÓNS.

 Este é o traballo do alumnado de 6º de E. Primaria pra o Festival Virtual de fin de curso.

Simplemente xeniais!


luns

PULPI BAILA

 Aquí tedes un traballo completo da clase de 5º.

Estas foron as tarefas que levaron a cabo para este resultado:

- Escoller unha música libre de dereitos como base musical.

- Poñerlle letra axeitada.

-Coser botóns nos dedos dunhas luvas.

-Deseñar un Pulpi en goma eva e construílo.

-Conseguir que Pulpi quedase en pé coa axuda dun arame.

-Idear unha coreografía para o baile de Pulpi.

-Gravar o vídeo.


Non está mal, non? No vídeo do resultado non escoitaredes o zapateado de Pulpi pero vos podo asegurar que soaba fantásticamente ben.



MAMASIÑA, QUE MEDO! TEATRO CON TÍTERES DE PAU

 En 4º de Primaria, na asignatura de teatro (de libre configuración do centro) traballaron coa obra Mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.

Aquí tedes unha sinopse do libro extraída da páxina da Editorial Xerais

Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente. ¿Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón? ¿Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? ¿Papará ós lectores desta obriña de teatro? ¡Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.

Apetece vela, non si?

Como a representación teatral co alumnado como personaxes implicaba a utilización de cubrebocas e repetila para os diferentes grupos burbulla do cole, optaron por facela a través de títeres de pau, elaborados por eles mesmos e grabala en vídoe para o disfrute do todas e todos.

E este foi o resultado:



domingo

XOGAMOS COAS PEZAS LEGO

Entre as actividades do último día de curso en 3º e 4º disfrutaron de xogar coas pezas LEGO.
Tivo que ser na aula, e non na biblioteca por iso da COVID pero foi igualmente marabilloso.
Pasárionno xenial e demostraron as súas grandes dotes constructivas ben seguindo instruccións ben creando as súas  propias.



 

XEOPLANO

 Ademais dos materiais adquiridos a nosa biblio conta ademáis cun xeoplano xigante que elaboramos no cole.

Mercamos un taboleiro perforado, uns listóns de madeira e tacos do tamaño axeitado para incrustar nos buratos.

E así quedou:






Para o curso que vén probablemente engadiremos novos tacos en TODOOOS os buracos porque pensamos que pode dar máis xogo.

E así foi a estrea do xogo:








Seguro que nos agardan moitas horas de xogo e aprendizaxe con este magnífico recurso.

NOVOS MATERIAIS DA BIBLIOTECA CREATIVA

 Mirade qué chulada de materiais seleccionamos ao abeiro do Programa Bibliotecas Creativas.

Quixemos chegar  ás diferentes idades do alumnado e tamén as diferentes áreas da pedagoxía STEAM, reforzando especialmente o pensamento lóxico-matemático (base de outras moitas aprendizaxes) e cremos que o temos conseguido.

Agárdanos na biblio!!!




ARTE, XEOMETRÍA E RECICLAXE

 Mirade que fermoso traballo fixeron en 6º.

Tamén tedes as instruccións en imaxes, por se queredes imitalos na casa.



REGUEIFAS DE 4º E 5º DE PRIMARIA

 Nestes cursos traballaron A Regueifa como composición musical (e poética) tradicional de Galicia.

Compuxeron as súas propias e arrincáronse a cantalas.

Aquí tedes o resultado:

REGUEIFAS DE 4º:


REGUEIFAS DE 5º:



A IDADE ANTIGA.LIBROS CON PETOS

 En 4º xa son "expert@s" nesta técnica.

Depois dos seus traballos sobre A Prehistoria fixeron o propio co tema de A Idade Antiga. Completaban o traballo coa elaboración dun mosaico (para emular aos romanos) e coa exposición dos seus traballos ao resto da clase.

Traballo completísimo e fermoso co que disfrutaron el@s e agora nós.


martes

AGASALLO MOI ESPECIAL

 Xa estamos a fin de curso e as nenas e nenos de 6º, como cada ano, marchan para o insti e deixan un grande oco no cole porque sempre perduran no noso recordo. Menos mal que ás veces veñen de visita!!!

E con elas e eles moitas veces tamén o fan as súas familias, se é que non quedan irmás ou irmáns máis novas e novos no cole.

Este é o caso de Rocío, nai de Juan, Carmen e Rocío filla que tras moitos anos con nós sempre colaborando con todo o que propuxemos e incluso estar na ANPA do Cole, deixa a nosa comunidade educativa.

Pero antes de marchar fíxonos un agasallo moi especial da súa autoría e que nos emocionou moito, moito.

Aquí o podedes ver:




Gardarémolo con cariño e amosarémolo orgullosas.

MOITAS GRAZAS ROCÍO!!!!


xoves

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA ESTE VERÁN

 Aquí vos deixamos os libros que vos recomendamos para ler no verán. Son libros escollidos especialmente por Pulpi para vós. Todos e cada un deles é un pequeno tesouro que vos acompañará sempre. Seguro que son do voso agrado.

Xa nos contaredes cales líchedes.



mércores

TRABALLOS DOCUMENTAIS EN 3º

 Na área de Ciencias Naturais o tema de máquinas simples desenvólveno por medio de traballos documentais por parte do alumnado organizados en parellas.

Elección do contido a traballar, búsqueda de información, traballo escrito coa información recadada (na que utilizaron o ordenador) e exposición ante o resto da clase utilizando materiais reais.

Están a facer as diferentes exposición e a día de hoxe vos podemos amosar o que fixeron Diego e Teo de 3º:


CLUB DE LECTURA EN 5º

 Neste curso 2020-2021 todo o alumnado de 5º organizouse nun club de lectura. 

Os títulos escollidos para este curso foron:

"Lúa en ningures" de Beatriz Maceda Editorial Xerais


Conta a historia de Lúa e a súa familia instalados nun campo de refuxiados 

escapando do horror da guerra.


"Xelís, o guieiro das estrelas de mar" de Rosa Aneiros da Editorial Xerais


As aventuras de Xelís para salvar os océanos e limpalos dos plásticos que os

 emporcan e poñen en risco o planeta.

Unha vez á semana tiña lugar a reunión do clube de lectura. Todas e todos ían lendo na casa e/ou no cole ata a páxina proposta para a reunión. Nela intercambiaban opinións, reflexionaban sobre os temas tratados na historia, expoñían experiencias persoais semellantes ás que lían, expresaban os sentimentos que a lectura lles provocaba.... Momentos necesarios de reflexión colectiva arredon dun libro e da súa lectura.



Moi boa experiencia que non só motivou na lectura ao alumnado máis reticente senón que tamén fortaleceu os vínculos do grupo toda vez que se expresan, escoitan e respectan as opinións dos demais.


ROBÓTICA NO COLE

Ademais dos escornabots cos que conta a biblioteca o noso cole foi admitido no programa de Iniciación á Robótica Educativa en Primaria da Consellería de Educación da Xunta de Galicia hai xa dous cursos, polo que contamos con robots MBot de Make Block así como Lego WeDo.



MBot Explorer Kit de Make Block





Lego WeDo 2.0



Así que se realizan diferentes actividades segundo o nivel do alumnado que se inclúen nas diferentes áreas de aprendizaxe. 

En 6º de Primaria a hora semanal de materia de libre configuración é a de robótica así que traballaron máis especificamente actividades propias da robótica e da programación con Scratch.













Os diferentes taboleiros para Escornabots van dirixidos fundamentalmente ao alumnado dende E. Infantil ata 3º de primaria e en diferentes áreas (lingua, matemáticas, ciencias, lóxica...). En moitas ocasión os taboleiros son efímeros, é dicir, creados para a ocasión en papel escribindo nos cadros ou colocando dibuxos previamente recortados pero que non se plastifican e gardan posteriormente.
Tamén hai creacións que consideramos que merecen ser conservadas e almacenadas para posteriores usos.



Escornabot Brivoi




En  3º, 4º e 5º as actividades cos kits de lego WeDo versaron sobre temas específicos de Ciencias Naturais (Tecnoloxía). A últimas actividades versaron sobre "A polea" dentro do tema As máquinas simples.










E en 1º e 2º tamén traballaron cos Lego WeDo traballando coas rodas e construíndo coches:








Estas actividades fan as ledicias do alumnado que sempre preguntan cando volverán.