sábado

IGUALDADE CON LEANDRO LAMAS

Pedímoslle  a Leandro Lamas un deseño sobre a igualdade para a fachada do noso cole. Presentounos un marabilloso esbozo e púxose mans á obra sendo quen de dirixir o traballo do noso alumnado que saía pintar con el por turnos.
Ver o proceso é coma ver medrar unha crianza. Os primeiros trazos vanse enchendo de luz e cor. Con esa gama de cores tan representativa da súa obra, e con esas formas tan sinxelas pero que tanto transmiten, con ese encanto do básico pero maxistral.
Foi un día marabilloso onde todas e todos disfrutamos moito deste proceso.

Aquí vos deixo un vídeo que fixemos coas fotos do día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario