Nestes agrupamentos, sen consolidarse como Club de Lectura, o alumnado participou da experiencia de realizar a lectura do mesmo título e ao mesmo tempo, todo isto sen interferir nas lecturas individuais mediante o préstamos bibliotecario.
En 4º de Primaria o título escollido foi "Mamasiña, que medo!" de Chus Pereiro da Editorial Xerais toda vez que tamén lles serviría como texto a traballar e representar na asignatura de Teatro (libre configuración).
¡Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.
Están a rematar os preparativos da representación teatral que farán na pista e por medio de marionetas de pau e papel por aquilo das mascarillas. Tan pronto se celebre a representación vos informaremos.
Para 3º de Primaria escollemos un título sinxelo e en Castelán (lingua vehicular do noso alumnado) toda vez que o grupo conta con varios membros que presentan deficiencias na lectura. O título escollido foi "Mario e Daniela son grandes amigos" de Elvira Menéndez González Editorial Bruño
Foi un acerto a escolla xa que todo o grupo foi quen de seguir a lectura e comprender o texto. Ademais resultoulles divertido e moitos xa levaron emprestado o segundo volume da colección que mercou a biblioteca ( "Mario e Daniela se lo pasan genial").
O grupo de 6º compartiu os libros do clube de lectura de 5º para así aproveitar os exemplares cos que contabamos. Tamén foi para o grupo unha actividade pracenteira o da lectura colectiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario