sábado

TAMÉN APRENDEMOS A COSER

 Continuando coas actividades creativas o alumnado de 5º aprendeu a coser botóns. Cada nena e cada neno coseo oito botóns nos catro dedos grandes de un par de guantes.

A motivación para esta tarefa é a de construir cadansúa marioneta para unha actuación musical a final de curso inspirándonos neste vídeo que atopamos:

Nós, como non podía ser doutro modo, faremos Pulpis e non cangarexos. Escribiremos unha letra a unha melodía sen dereitos de autor e idearemos a coreografía de todos os pulpos bailando á vez



Esta actividade está agora mesmo en proceso pero xa podedes ver o que deu de sí a clase de costura:






Ningún comentario:

Publicar un comentario