O pasado día 11 de decembro o alumnado de 1º e 2º de Primaria foi de excursión á Ferrol, para visitar a exposición
"As catro estacións da arte e a música" de "A Fundación Abanca ".
Na exposición trátase o vínculo máis que reiterado da arte pictórica e da música. Non só na representación nas obras de contidos musicais, senón en conceptos comúns: ritmo, cromatismo, movemento...., e porque aínda que nos chegan por canais diferentes (vista, oído) ambas teñen como obxectivo comunicar, conmover e emocionar.
A mostra pictórica inclúe obras dee Luís Seoane, Buciños, Laxeiro ou Elena Gago. Propón sumerxirse "no baile", movidos pola música que aflora dos cadros seleccionados das coleccións de Afundación e ABANCA. O maior exemplo de sinestesia (pintura auditiva e música visual) chega da man dun lienzo de Rafael Úbeda, «músico de profesión e artista, que ten dedicado a súa vida á búsqueda da sonoridade da súa obra». (La Voz de Galicia)
A Área Educativa de Afundación ofertaba un programa didáctico adaptado ás diferentes idades do alumnado:
As catro estacións da arte e a música. Infantil a 3º de primaria.
Das audicións ás sensacións. 4º de primaria a 2º da ESO
Sonoro empeño. 3º de ESO, bacharelato e CF.
Así aprenderon e así de ben o pasaron:
Tamén realizaron un obradoiro onde poder aplicar o aprendido.
Consistía en elaborar as súas propias creacións plásticas mixturando cores coas mans de acordo á música que escoitaban.
Pasáronno xenial!!
Non hai fotos porque as profes estaban lavando mans (e outras cousas) sen parar.