Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias Naturais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias Naturais. Amosar todas as publicacións

mércores

Un reto cheo de enxeño: máquinas, inventores e moita diversión.

 O alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria participou nunha emocionante actividade na que tiveron que poñer a proba o seu enxeño, a súa capacidade de traballo en equipo e todos os coñecementos adquiridos sobre máquinas e inventores.

Ao longo da presentación, os diferentes grupos tiveron que superar distintas probas, retos e enigmas relacionados co mundo dos inventos, os descubrimentos e os grandes inventores da historia. Cada desafío resolto permitíalles conseguir unha pista imprescindible para descubrir o código numérico final.

O obxectivo era lograr abrir o candado que gardaba o reto final. Para iso, cada equipo debía colaborar, pensar con rapidez e resolver correctamente todas as actividades propostas.

A emoción estivo presente en todo momento, xa que o primeiro grupo en conseguir descifrar o código e abrir o candado proclamouse gañador da actividade.

Foi unha experiencia moi divertida e motivadora, na que o alumnado aprendeu dunha maneira dinámica e participativa, demostrando que aprender tamén pode converterse nunha gran aventura.

mércores

PROXECTO:OS POLBOS (KAHOOT)

 Dentro do proxecto dos polbos o alumnado do terceiro ciclo, elaborou un kahoot para coñecer máis sobre estos magnifícos animais.

Se queredes probar os vosos coñecementos clica no seguinte enlace:

https://kahoot.it/challenge/07129343?challenge-id=942b306e-0612-431e-90f7-38fea7ebf622_1749025349084


Espero que teñades moitos acertos!

domingo

PROXECTO: OS POLBOS (LAPBOOK)

 Dentro do proxecto: Os polbos, o alumnado de 1º ciclo realizou un traballo en forma de Lapbook, sobre a súa localidade, facendo fincapé nas súas tradicións, festas...


Os mapas deste lapbook, foron cortados coa cortadora láser, facendo un deles como un puzzle coas provincias.

mércores

PROXECTO: OS POLBOS

Os nen@s de 3º e 4º de E.P queremos compartir o noso traballo sobre os Polbos. Como sabedes a nosa mascota é Pulpi, un polbo moi aventureiro do que quixemos saber máis da súa vida.



Este podería ser “Pulpi” o noso pulpo aventureiro. Queres saber máis da súa vida. Segue lendo de Begoña

PROXECTO: OS POLBOS (VISITA A COFRADÍA DE BARALLOBRE)

Dentro do noso proxecto sobre "Os Polbos", enmarcamos unha saída e visita a unha cofradía de mariscadores, A Cofradía de Barallobre.


Fomos invitados pur unha familia dun alumno do centro, na que o pai traballa de mariscador alí. 

hai que dicir que nos sentimos moi agradecidos pola colaboración e aportación sempre que fan as nosas familias. 

Xa nas instalacións o biólogo fixo un traballo estupendo co alumnado, explicando e acalarando moita información sobre os Polbos e os seus "amig@s" acuáticos, como as ameixas, os mexillóns, as vieiras, zamburiñas, volandeiras e múltiples especies máis de moluscos, crustáceos e peixes etc...

Ademais, puidemos partitipar acalarando moitas das dúbidas que tiñamos, dímoslle de comer a algún crustáceo como as nécoras e puidemos ata tocar un melgacho, que é unha especie de tiburón.






martes

KAHOOT ELABORADO POLO ALUMNADO

 O alumnado de 6º creou este Kahoot xunto ao profe Pablo.

Para iso deberon propoñer preguntas axeitadas, varias respostas a cada unha delas (con só unha verdadeira, evidentemente) e decidir canto tempo permitían a cada pregunta.

Unha idea xenial xa que a implicación do alumnado foi total e ser quen de propoñer preguntas fundamentais do tema a traballar (neste caso a reprodución) implica ter un "esquema mental"do tema moi elaborado.

Bravo chic@s!!!



mércores

OUTRO ESPAZO NATURAL DA PROVINCIA

Outra vez a profe Bego tráenos unha proposta para aprender sobre un espazo natural moi coñecido da nosa provincia, que coma no anterior promove unha aprendizaxe utilizando a búsqueda de información e novas tarefas.
Bravo!

GENIALLY SOBRE ESPAZOS NATURAIS PRÓXIMOS

A profe Bego elaborou este Genially para aprender e traballar sobre un espazo natural próximo ao centro. Outra maneira máis de apender "xogando" e que promove a búsqueda de información por parte do alumnado para ser quen de resolvelo.
Tamén propón outras tarefas (xa fóra da plataforma) para completar a aprendizaxe.

sábado

VISITA AO ACUARIUM FINISTERRAE

 Este curso realizamos unha saída colectiva para visitar o "Acuarium Finisterrae" de A Coruña.

Foi o pasado 18 de xaneiro e a pesar do mal tempo, puidemos disfrutar igualmente do acuario. Ata o tempo amainou para ver comer as focas!

Pasámolo bomba e aprendimos moito sobre a vida e a reproducción de diversas especies.

Tamén vimos ao primos de Pulpi, aínda que moitos estaban agochados nos ocos das rochas.



domingo

SEGUIMOS COAS VELUTINAS

 En 6º, despois de traballar coa exposición das vespas velutinas, aínda quedaban preguntas sen resolver.

Así, que cada un/unha , de xeito individual, escolleron a que pregunta querían dar resposta e elaboraron un Power Point sobre cada un dos aspectos sobre os que querían coñecer máis.

Par que os poidades ver sen problemas xuntámolos todos nun só documento que teredes a continuación.

Neste traballo, ademais de traballar axeitadamente coa información utilizamos unha nova ferramenta que aínda non utilizaran para a exposición de traballos.

Tamén se encuadra na asignatura de Lingua Galega, xa que foi na nosa lingua na que lles pedimos a información.

Un traballo completo e satisfactorio.

 

xoves

SAÍDA POLAS FRAGAS DO EUME

 Tiñamos pendente esta saída polas Fragas do Eume dende a charla do CEIDA no cole no mes de outubro.

E por fin chegou o día.

O tempo non acompañaba moito pero a verdade é que así molladas lucen en todo o seu esplendor e facilitou a observación de fauna diversa que con tempo seco non veríamos.

Dividíronos en dous grupos e cada un fixo a ruta (que é circular) en sentido contrario.

Tanto nun grupo coma noutro puidemos observar a flora e a fauna autóctona do lugar, aprendimos a camiñar con moito silenzo (ou cando menos o intentamos) para así non asustar aos habitantes da fraga. Tamén visitamos o Mosteiro de Caaveiro, xoia arquitectónica das fragas e coñecimos a súa historia.

Unha mañá perfecta a pesar do frío e da humidade.


domingo

MATERIA E ENERXÍA EN 5º DE E. PRIMARIA

  Para completar o estudo deste tema propoñíanse ao alumnado de 5º os seguintes retos ou porbas na aula virtual.


Se clicades na imaxe poderedes acceder á actividade










Se clicades na imaxe poderedes acceder á actividade






Como vedes actividades variadas, lúdicas e coas que aprender. 
XENIAL!!


martes

A MAXIA DOS LIBROS

 Chegaron libros novos á biblio e abriron as caixas en 1º e 2º de E. Primaria e libremente disfrutaron deles.

Había un libro de "Rochas e minerais" que xa sabiamos que ía a ser moi ben recibido por Darío xa que sempre na biblio pregunta por libros desa temática. E non nos equivocamos.

Pero lle gustou tanto, tanto, tanto que non soubo que outros libros había nas caixas!!

Ademais foi quen de contaxiar o seu entusiasmo ou cando menos espertar a curiosidade de outros ao velo tan contento e concentrado sempre no mesmo libro.

Outros inventaros xogos con eles. Outros atoparon libros de mates que escolleron para compartir a lectura e os retos. Outros repartiron e compartiron a lectura e outros inventaban rituais para ler: "TocToc! Quen hai? e pasaban a páxina...

Foi un pracer para eles e para as profes (que tamén quedaron "enganchadas" con algúns títulos....! Pero o mellor foi compartir con elas e eles estes momentos.


xoves

LIBROS CON SOLAPAS. TRABALLOS EN 3º E 4º

 Estes traballos tan chulos foron realizados polo alumnado de 3º e 4º para traballar o tema "O Ciclo da Auga".

Usaron a técnica do "libro con solapas" na que a información se recolle en diferentes tipos de despregabres e que en sí compoñen un todo completo e fermoso.

Organizar e selecionar a información e decidir a disposición do traballo é tarefa que o alumnado aprende a desenvolver.


mércores

ROBÓTICA NO COLE

Ademais dos escornabots cos que conta a biblioteca o noso cole foi admitido no programa de Iniciación á Robótica Educativa en Primaria da Consellería de Educación da Xunta de Galicia hai xa dous cursos, polo que contamos con robots MBot de Make Block así como Lego WeDo.



MBot Explorer Kit de Make Block





Lego WeDo 2.0



Así que se realizan diferentes actividades segundo o nivel do alumnado que se inclúen nas diferentes áreas de aprendizaxe. 

En 6º de Primaria a hora semanal de materia de libre configuración é a de robótica así que traballaron máis especificamente actividades propias da robótica e da programación con Scratch.













Os diferentes taboleiros para Escornabots van dirixidos fundamentalmente ao alumnado dende E. Infantil ata 3º de primaria e en diferentes áreas (lingua, matemáticas, ciencias, lóxica...). En moitas ocasión os taboleiros son efímeros, é dicir, creados para a ocasión en papel escribindo nos cadros ou colocando dibuxos previamente recortados pero que non se plastifican e gardan posteriormente.
Tamén hai creacións que consideramos que merecen ser conservadas e almacenadas para posteriores usos.



Escornabot Brivoi




En  3º, 4º e 5º as actividades cos kits de lego WeDo versaron sobre temas específicos de Ciencias Naturais (Tecnoloxía). A últimas actividades versaron sobre "A polea" dentro do tema As máquinas simples.










E en 1º e 2º tamén traballaron cos Lego WeDo traballando coas rodas e construíndo coches:








Estas actividades fan as ledicias do alumnado que sempre preguntan cando volverán.