xoves

SAÍDA POLAS FRAGAS DO EUME

 Tiñamos pendente esta saída polas Fragas do Eume dende a charla do CEIDA no cole no mes de outubro.

E por fin chegou o día.

O tempo non acompañaba moito pero a verdade é que así molladas lucen en todo o seu esplendor e facilitou a observación de fauna diversa que con tempo seco non veríamos.

Dividíronos en dous grupos e cada un fixo a ruta (que é circular) en sentido contrario.

Tanto nun grupo coma noutro puidemos observar a flora e a fauna autóctona do lugar, aprendimos a camiñar con moito silenzo (ou cando menos o intentamos) para así non asustar aos habitantes da fraga. Tamén visitamos o Mosteiro de Caaveiro, xoia arquitectónica das fragas e coñecimos a súa historia.

Unha mañá perfecta a pesar do frío e da humidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario