sábado

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Esta conmemoración, que se celebra o 24 de outubro de cada ano dende 1997, non podía escapar da biblio do noso cole.

Ë a festa da nosa biblio (e de todas as outras). Ese lugar onde a tod@s nos encanta ir para ler, xogar, traballar, aprender, atoparnos, reunirnos.... Un lugar máxico onde todas e todos temos un sitio onde estar ben. Así o sinala tamén o cartel deste ano, de Nuria Riaza para a Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura.



O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construcción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. 
Tamén ocurre na nosa biblioteca.

E non imaxinamos mellor forma de celebrar este día cunha lectura para tod@s . Así que a profe Carmen leunos un dos contos que forman o libro "Lola se embala y otros cuentos terribles" .

(Clicade na imaxe para saber máis)

Ilustradora: ANKE KUHL
Editorial: Takatuka


Escolleu o título "Lisa sin dientes" , porque (como explicou a tod@s) como este ano estamos a traballar os hábitos saudables, e un deles (e moi importante) é a hixiene, e como dentro da hixiene está iso de lavarnos os dentes, pois neste conto descubrimos que lle pasou a Lisa para quedar sen dentes. Ademais as historias do libro están todas en verso, o que o fai aínda máis gracioso.
A verdade é que nos fixo moita gracia e tod@s queriamos que contase algunha outra historia terrible, pero non daba tempo.
Iso sí, podemos levar o libro en préstamo e descubrilo por nós mesm@s.

Aquí tedes un pequeno vídeo dese día.




MERENDAS SAUDABLES DE OUTONO

 Dentro do Proxecto Anual do Centro, "Coidadiño! xente medrando, tratamos a alimentación como un dos aspectos fundamentais dos bos hábitos saudables.

Sempre insistimos nas clases da importancia de traer unha merenda saudable para o recreo. E para reforzalo aínda máis celebramos unha merenda de froitos e froitas de outono.

Cada nen@ trouxo ao cole unha pequena merenda para compartir co resto e o cole tamén aportou varias froitas diferentes. Puxemos toda a merenda nunhas mesas no patio cuberto e disfrutamos dunha merenda moi, moi, moi variada, saudable e en comunidade.

O que sobrou (que sobrou) fómolo comendo nos recreos dos seguintes días. Todo un éxito!




APRENDEMOS A UTILIZAR KOHA

 Koha é o programa de xestión da nosa biblioteca (e de outras moitas de Galicia).

Cada curso o alumnado de 6º convértense en axudantes da biblioteca escolar.

Este curso, como son poucos, decidimos que o fosen tamén o alumnado de 5º.

Pero para poder selo necesitan aprender a manexar o programa, para realizar os préstamos e as devolucións axeitadamente.

Así que unha vez que solicitamos as súas contas como axudantes e modifican o contrasinal para poñer aquel que desexan empezamos coas prácticas de traballo.

En pequenos grupos veñen á biblio e a responsable da biblioteca encárgase de que o equipo de axundantes esté ben preparado.