Esta conmemoración, que se celebra o 24 de outubro de cada ano dende 1997, non podía escapar da biblio do noso cole.
Ë a festa da nosa biblio (e de todas as outras). Ese lugar onde a tod@s nos encanta ir para ler, xogar, traballar, aprender, atoparnos, reunirnos.... Un lugar máxico onde todas e todos temos un sitio onde estar ben. Así o sinala tamén o cartel deste ano, de Nuria Riaza para a Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura.
Tamén ocurre na nosa biblioteca.
E non imaxinamos mellor forma de celebrar este día cunha lectura para tod@s . Así que a profe Carmen leunos un dos contos que forman o libro "Lola se embala y otros cuentos terribles" .
(Clicade na imaxe para saber máis)
Autor: Wilfried von Bredow
Ilustradora: ANKE KUHL
Editorial: Takatuka
Escolleu o título "Lisa sin dientes" , porque (como explicou a tod@s) como este ano estamos a traballar os hábitos saudables, e un deles (e moi importante) é a hixiene, e como dentro da hixiene está iso de lavarnos os dentes, pois neste conto descubrimos que lle pasou a Lisa para quedar sen dentes. Ademais as historias do libro están todas en verso, o que o fai aínda máis gracioso.
A verdade é que nos fixo moita gracia e tod@s queriamos que contase algunha outra historia terrible, pero non daba tempo.
Iso sí, podemos levar o libro en préstamo e descubrilo por nós mesm@s.
Aquí tedes un pequeno vídeo dese día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario