Dentro do Proxecto Anual do Centro, "Coidadiño! xente medrando, tratamos a alimentación como un dos aspectos fundamentais dos bos hábitos saudables.
Sempre insistimos nas clases da importancia de traer unha merenda saudable para o recreo. E para reforzalo aínda máis celebramos unha merenda de froitos e froitas de outono.
Cada nen@ trouxo ao cole unha pequena merenda para compartir co resto e o cole tamén aportou varias froitas diferentes. Puxemos toda a merenda nunhas mesas no patio cuberto e disfrutamos dunha merenda moi, moi, moi variada, saudable e en comunidade.
O que sobrou (que sobrou) fómolo comendo nos recreos dos seguintes días. Todo un éxito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario