venres

SAMAÍN E MAGOSTO

 Un ano mais, no noso centro, realizamos unha serie de actividades adicadas ao Samaín e ao Magosto. 

Durante a semana do 26 o 30 de outubro, bruxas, pantasmas e esqueletos invadiron a nosa entrada para adornala xunto coas cabazas que pintamos nas sesións de Educación Artística e a exposición de libros de medo da nosa biblioteca.


Ademais para facer un consumo responsable antes da chegada do Samaín, recibimos unha charla na nosa biblioteca da Escola Galega de Consumo co titulo, " No Samaín con sumo coidadín" na que aprendimos os perigos que nos podemos atopar nos disfraces, e nos accesorios característicos desta data.




O venres 30 de outubro, acudimos todos e tadas a biblio para escoitar aos nosos compañeiros de 5º e 6º  contar unha serie de relatos de medo e misterio de creación propia. 











A continuación, coa mestra de música, o alumnado do centro interpretou unhas cancións e bailes terroríficos de Samaín.





Para conmemorar o Magosto tomamos a tradiconal merenda a cargo da ANPA O Pazo, castañas asadas, boliño preñado e batido de chocolate e despois fixemos uns xogos tradicionais de magosto: o lanza-castaña, relevo de castañas con culleres, a roda da castaña e bailámolo peón.




mércores

CANTO SABES DE...?

 Este curso, comezamos cunha nova sección, dentro da nosa radio escolar "RadioFranza", Canto sabes de..? na que ao longo do curso o alumnado deberá resolver por aula, unha serie de retos sobre o proxecto anual de centro, "Franza: o noso paraíso". 

Aquí vai o reto Nº1:

Sorte a tod@s!

luns

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola "Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

Nesta data celebramos a todas as bibliotecas, tamén ás escolares. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.

No noso centro realizamos unha serie de actividades para inagurar a nosa biblio este curso e aproveitar para presentar o novo proxecto anual. 

En primeiro lugar, todo o alumnado do centro, divididos en 3 equipos resolveu de maneira cooperativa unha serie de retos relacionados coa nosa canción: Hai un sitio para ti. 

Unha vez conseguido o reto, tiñan que formar unha serie de palabras, con varias letras que tiñan nun sobre, as cales ao xuntalas compoñerían o título do proxecto anual deste ano. FRANZA: O NOSO PARAÍSO.

Aqui tedes tedes unha pequena mostra:







Para rematar a xornada, desfrutamos dunha obra de títeres "Peixe fresco do día", de Ártrabo Norte que ten como finalidade achegar ao alumnado de Educación Infantil e Primaria o coñecemento do mar, do patrimonio marítimo-pesqueiro e da economía azul. 



venres

19 DE XUÑO: ÚLTIMO DÍA DO CURSO

 Hoxe, celebramos o último día do curso, cunha xornada moi especial chea de alegría e diversión, na que o alumnado distribuidos por grupos participaron nuns obradoiros de robótica a cargo da empresa "Espacio Vivo, formación y ocio"

O alumnado realizou actividades de deseño dixital puidendo crear a súa propia historia e os seus personaxes personalizados, utilizando a súa creatividade cunha tablet. Tamén puideron programar robots para debuxar a suas propias mandalas e resolver retos con sudokus e labirintos con pezas de lego.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos:














Rematamos o día cunha gran merenda todos xuntos, compartindo momentos de todo o curso e xogando e rindo no patio.

Ata o proóximo curso!