venres

DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS DE 2019

Reunímonos na biblioteca para dar lectura a un fermoso libro  de Miguel Robledo, editado por Aira Editorial que nos trouxo a profe Pili dende Allariz.
 "Temos Dereitos" recórdanos (ou apréndenos) os dereitos que todas as nenas e nenos do mundo deben ter, axúdanos a reflexionar sobre os mesmos e a indignarnos porque sabemos que non todas as nenas e os nenos do mundo os disfrutan.
Vaia a nosa lectura para que ninguén pense que é inevitable que así sexa, porque non é verdade. E somos os adultos da man das nenas e nenos os que temos que loitar para que non haxa que reivindicar este día ano tras ano porque xa son algo normal en todo o planeta.




Aquí tedes o vídeo de presentación que a editorial ten na súa páxina web.

mércores

HORA DO CONTO NO 25 DE NOVEMBRO

Como todos os anos, no Día Internacional contra a Violencia de Xénero reunímonos na biblio para unha edición especial da "Hora do conto".

Nesta ocasión o libro escollido foi "Me llamo Pecas" de Raquel Díaz Reguera da Editorial Nubeocho.

Como é un deses títulos (coma tantos outros) que botamos en falta a súa edición en galego, a profe Susana traduciu o texto e a narración correu a cargo da profe Carmen.

"Pencas" non logra entender por qué no mundo que a rodea hai xogos de nenas e xogos de nenos, cores de nenas e cores de nenos, cortes de pelo de nenas e cortes de pelo de nenos, roupa, costumes... e ata contos!. Ela sempre pregunta, pero non atopa resposta porque non a hai.

Coa lectura desta historia comprendimos un pouco mellor que debemos respectar as nosas diferencias e non deixarnos encasillar no papel que se supón que debamos xogar de acordo a esteriotipos que ninguén sabe como se crearon, que nenas e nenos teñen exactamente os mesmos dereitos e que ninguén está por enriba dos demais.

Por certo, no libro en ningún momento queda aclarado se Pencas é unha nena ou un neno.











sábado

OBRADOIRO DE ROBÓTICA NA FUNDACIÓN BARRIÉ

O pasado día 20 o alumnado de 5º e 6º participaron nun Obradoiro de Robótica organizado pola Fundación Barrié de A Coruña.
Viñeron entusiasmad@s da experiencia.
Aprender a programar uns robots para que fagan determinadas accións, comprobar que o programado está ben e o robot responde, correxir os erros, reprogramar... e ata unha "batalla" de robots!!
Traballaron en grupos de tres para que tod@s tivesen oportunidade de experimentar e aprender.

Aquí tedes un pequeno vídeo da saída.



TEATRO NO CASINO DE MUGARDOS

Convidad@s polo concello de Mugardos, o alumnado de 5º e 6º acudiron á representación teatral de "O valo" a cargo da compañía "Pallasos en Rebeldía".



O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade
(Extraído da web da compañía)

Baseada no libro do mesmo título, "O valo", de Carlos Labraña editado por Xerais e que tamén temos na biblioteca.



venres

LIBRO CON BOLSILLOS EN TERCEIRO

En Ciencias Naturais aprendimos a facer un "Libro con bolsillos" o que algúns deron en chamarlle "Lapbook" que traducido literalmente é Libro con solapas.

Para iso primeiro vimos moitos exemplos en internet, para ver as posibilidades que nos ofrecía e decidir como sería o noso.

Logo "estructuramos o tema", decidimos que partes eran importantes, que apartados íamos amosar, cómo iamos distribuír o espazo, que elementos (despregabres, figuras xeométricas, mecanismos,,) iamos a utilizar.

Repartimos o traballo por parellas que se encargaban de cada un dos apartdos.
Para a parte de atrás a profe imprimiu fotografías de animais vertebrados e invertebrados que cada un de nós trouxera escritos nunha lista. Entre tod@s separámolos en vertebrados e invertebrados e fomos cubrindo as súas principais características pola parte de atras.

Logo montámolo todo e este foi o resultado.





A que está chulo!

Pasará a formar parte dos fondos da biblioteca!!

mércores

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN 2019

Como sabedes, o tema común de traballo deste ano é "A horta" xa que Pulpi agasallounos con unha ben bonita a principio de curso.
De esta forma a exposición anual de cabazas que facedes nas casas tamén debería estar relacionada co tema anual.
E este foi o resultado das vosas aportacións sempre tan creativas e fermosas.

Moitas grazas a tod@s!!


martes

MERENDA DO MAGOSTO

Un ano máis a ANPA agasallounos cunha merenda de Magosto estupenda.
No menú: boliños preñados, leite e castañas asadas. E repartindo a merenda representantes de ANPA que desinteresadamente ofrecen o seu tempo e o seu esforzo para que isot sexa posible. Moitas grazas unha vez máis.

Pola nosa parte, nas aulas elaboraron cestiños con material de refugallo para transportar as castañas ata a mesa da merenda.





E despois de merendar tivemos tempo libre de xogo amenizado por música seleccionada para a ocasión. Cancións galegas do Magosto e do Samaín encheron de acordes o patio.
E todo tempo houbo un grupiño de "bailonas" e "bailóns" que procurou un deses momentos máxicos do cole. Momentos nos que grandes e pequenos compaarten actividade e onde ninguén é anónimo. Unha especialidade do noso cole!!


luns

XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN. E. INFANTIL

Por fin tocoulles o turno ás nenas e nenos de Infantil de asistir a esta Mostra.
Disfrutaron da represertación de "Acuario" da compañía "Os Ghazafelhos", baseada no libro de poesía do mesmo título escrito por María Canosa en Edicións Embora (que por certo, tedes na biblioteca).

Unha posta en escea dinámica, divertida e colorista. Onde había un pulpo precioso que poería facerse amigo do noso "Pulpi". Se non me credes mirade estas fotos!!



Gustoulles moito, moito, moito!

COMO ERA O SAMAÍN NOS TEMPOS DA MIÑA NAI

Alonso, alumno de 4º, entrevistou á súa nai para saber cómo celebraba ela cando era nena estas festas.
Compartiu con nós este precioso momento e agora compárteo con tod@s @s que aquí se asomen. E para que o poidamos recordar sempre.

Un boísimo traballo de investigación!

GRAZAS AOS DOUS!!





PERSONAXES DE MEDO DE GALICIA

Para traballar nas aulas o equipo de Normalización Lingüística eleborou un Power Point e un documento con información.
O equipo de biblioteca fundiu ambos arquivos nun novo, ao que lle puxemos música.
O resultado quedou así:






E esta foi a interpretación que cada aula de primaria fixo do personaxe que lle tocou compartir co resto o 30 de outubro, na celebración do Magosto e do Samaín.