Reunímonos na biblioteca para dar lectura a un fermoso libro de Miguel Robledo, editado por Aira Editorial que nos trouxo a profe Pili dende Allariz.
"Temos Dereitos" recórdanos (ou apréndenos) os dereitos que todas as nenas e nenos do mundo deben ter, axúdanos a reflexionar sobre os mesmos e a indignarnos porque sabemos que non todas as nenas e os nenos do mundo os disfrutan.
Vaia a nosa lectura para que ninguén pense que é inevitable que así sexa, porque non é verdade. E somos os adultos da man das nenas e nenos os que temos que loitar para que non haxa que reivindicar este día ano tras ano porque xa son algo normal en todo o planeta.
Aquí tedes o vídeo de presentación que a editorial ten na súa páxina web.
Ningún comentario:
Publicar un comentario