domingo

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Coma todos os anos por estas datas editamos as nosas recomendacións de lectura que imprimimos e repartimos ao alumnado.
Ademais tamén as deixamos aquí por se lle resultan estimulantes a que nos visite no blog ou para que as consultedes se perdedes o papel.


luns

20 DE NOVEMBRO. PLENO ESCOLAR DO CONCELLO DE MUGARDOS

Un ano máis sumámonos a esta convocatoria na que o alumnado dos colexios do Concello son Concelleiros por un día no que , ademais de aprender cómo funcionan os plenos dos governos municipais, teñen a ocasión de facer as súas preguntas e presentar as súas mocións sobre temas do seu interese, en relacción á Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos e das Nenas de 1959.

Este ano o Dereito escollido foi o Principio 5:

“Dereiro a unha educación e a un tratamento especial para aqueles nenos que sofren algunha discapacidade mental ou física”


Participaron os centros escolares:

CEIP Santiago Apóstolo de Franza - Mugardos
CEIP Unión Mugardesa - Mugardos
CPR Loyola – Mugardos

Contarase coa presenza de:

ASCM de Ferrol 
AMMI de Mugardos


Participaron as alumnas e alumnso de 3º e 4º de Primaria (aínda que nas diferentes noticias se recolla que foron de 5º de Primaria).
Entre tod@s redactaron as preguntas e mocións que lles interesaba presentar, despois de ter debatido sobre as dificultades que se poden atopar as nenas e nenos con discapacidade e como o concello pode colaborar en solventalas. Escolleron as mellores ou máis representativas das súas inquedanzas e escolleron que participaría como concelleiro/ Concelleira, sabendo que o resto acode ao Pleno como público.

Aquí tedes as preguntas e mocións seleccionadas:

PREGUNTAS:


  • Credes que os nenos e nenas con discapacidade poden participar nos xogos que realizamos durante os recreos ?
  • É xusto que os nenos e nenas discapacitados sexan tratados de xeito diferente polos seus compañeiros?
  • Credes que os nenos e nenas con algunha discapacidade deben ir a colexios diferentes aos nosos?
  • Como credes que deben cambiar os colexios para adaptalos a nenos e nenas con discapacidades físicas? E mentais?


MOCIÓNS:


  • ACONDICIONAR AS BEIRARRÚAS PARA QUE AS PERSOAS CON ALGUNHA DISCAPACIDADE FÍSICA POIDA DESPRAZARSE CON FACILIDADE (SEMÁFOROS ACÚSTICOS, CHAN EN BO ESTADO, RAMPAS DE ACCESO ÁS BEIRARRÚAS...) 

  • ADAPTAR OS XOGOS DOS PARQUES PARA QUE POIDAN XOGAR CALQUERA NENO OU NENA QUE TEÑA ALGUNHA DISCAPACIDADE FÍSICA.


E aquí tedes o resultado do Pleno (coas preguntas e mocións dos outros centros educativos):

CONVOCATORIA

SESIÓN ORDINARIA a celebrar polo CONCELLO PLENO, no Salón de Sesións
desta Casa Consistorial, ás 11,00 h. do día 14 DE DECMBRO DE 2018

ORDE DO DIA

1 Aprobación da acta da sesión anterior realizada o 20.11.2017.
2 Debate sobre a pregunta presentada polo CEIP Santiago Apóstolo ao CEIP Unión
   Mugardesa:
- Credes que os nenos e nenas con algunha discapacidade deben ir a colexios
diferentes aos nosos?

3 Debate sobre a pregunta presentada polo CEIP Santiao Apóstolo ao CPR Loyola:

- Como credes que deben cambiar os colexios para adaptalos aos nenos e nenas
con discapacidades físicas? E mentais?
4 Debate sobre a pregunta presentada polo CEIP Unión Mugardesa ao CEIP Santiago
Apóstolo:

- Aquí neste Concello os nenos e nenas con algunha discapacidade teñen a
posibilidade de inscribirse nas actividades deportivas ou culturais?

5 Debate sobre a pregunta presentada polo CEIP Unión Mugardesa ao CPR Loyola:

- Os espazos públicos, parques, rúas, … están adaptados para os nenos e nenas
con mobilidade reducida?

6 Debate sobre a pregunta presentada polo CPR Loyola ao CEIP Santiago Apóstolo:

- Como poderiades axudar aos nenos e nenas con discapacidade para que se sintan
integrados e lograr que teñan a autoestima alta?

7 Debate sobre a pregunta presentada polo CPR Loyla ao CEIP Unión Mugardesa:

- No voso centro tratades a todos/as por igual? Dalgún xeito vos maltratades? Que
facedes para solucionalo?


8 Moción presentada polo CEIP Santiago Apóstolo relativa a:

- Adaptar os xogos dos parques para que poidan xogar calquera neno ou nena que
teña algunha discapacidade física.

9 Moción presentada polo CEIP Unión Mugardesa:

- Pedimos que o Concello destine parte do seu presuposto anual para
mercar/alugar un vehículo adaptado para facilitar os desprazamentos das
nenas/os con discapacidade motórica.

10 Moción presentada polo CPR Loyola:

- Que no centro do pobo, no paso de peóns do Concello, haxa un semáforo con
sonido para facilitar o paso á xente con discapacidade visual.


*********************************************************************


Se clicades aquí acederedes á noticia no Diario de Ferrol.


Se clicades aquí accederedes á noticia na Voz de Galicia

Se clicades aquí accederedes ao publicado no Blog da ASCM de Ferrol

Se clicades aquí accedredes á publicación na web do Concello




mércores

DÍA DA DISCAPACIDADE

Na "Hora de ler" do 3 de decembo, Día internacional da Discapacidade, na biblioteca proxectamos estes vídeos, que nos axudaron a tod@s a comprender mellor certo tipo de Discapacidades e a concienciarnos da importancia das nosas actitudes para con persoas discapacitadas.

Agardamos que vos gusten tanto como nos gustaron a nós e que aprendades moito sobre o tema.

















Esta efeméride foi impulsada pola ONU dende o ano 1992 para informar e concienciar á sociedade sobre a realidade e necesidades das persoas discapacitadas e destacar os beneficios que se derivan da súa integración en todos os ámbitos da vida.

Estímase que 1 de cada 7 persoas do mundo ten algún tipo de discapacidade. Isto é 1000 millóns de persoas, das cales 100 millóns serían nenos e nenas.



martes

MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN

Un ano máis participamos nesta mostra á que tanto nos gusta acudir porque sempre traen espectáculos de calidade e sempre relaccionados cos libros e a lectura.

Ademais sempre tentamos actividades culturais de interese para tod@s e o teatro é unha das nosas preferidas. Narón leva xa 34 anos celebrando esta mostra á que cada vez acoden máis escolares e da que xa levamos uns anos disfrutando.ç



E. Infantil asistiu á representación da "A Galiña Azul" a cargo do grupo "Tanxarina"





Clicade na imaxe para saber máis deste grupo e dos seus espectáculos.

As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria disfrutaron do espectáculo "A nena e o grilo máis alá" de Magín Blanco e o grupo "Ghazafelhos".


Se clicades na imaxe accederedes ao Faceboock do grupo.

Se clicades na imaxe saberedes máis do Libro "A nena e o grilo máis aló" e do seu autor, "Magín Blanco".






E tiveron moitísima sorte. Porque ademais do espectáculo puideron disfrutar da exposición "Os monicreques de Kukas" que acolleu o Pazo da Cultura de Narón con motivo desta Mostra de Teatro que organizan para os escolares da Comarca.





Por último 5º e 6º de Primaria acudiron ao espectáculo "Crecer", da compañía "El callejón del Gato"

CRECER, “la historia de nunca acabar”. Una historia de hijos atónitos y padres huidos, sacada de la realidad. A vueltas con nuestros miedos, nuestros sueños, árboles que se llenan de hormigas y adultos colmados de Peter Pan…

Texto extraído da páxina do Conello de Mieres,

Se clicades na imaxe podedes acceder a moita máis información sobre a obra, a compañía así como o seu premiado director






mércores

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste día tan sinalado, e despois do éxito acadado polo videoclip das compañeiras e compañeiros de 5º (dentro e fóra da escola), só nos quedaba saír ao patio para cantar a súa canción todos xuntos.

Para iso viñemos tod@s de negro e coa palabra NON diante de tod@s no chan, cantamos así de ben e pasámolo mellor!!!



sábado

VIOLENCIA DE XÉNERO

Un bo día as profes vimos este anuncio:

Pensamos que era un tema que nos gustaría traballar nas aulas e que de paso poderiamos participar, e Andrea, a profe se 5º, apuntouse rapidamente a traballalo co seu curso.

Púxose mans á obra:

Primeiro trataron o tema da violencia de xénero na clase a través de coloquios e debates colectivos nos que ían tratando as diferentes facetas deste grande e inxusto problema social, opinando e reflexionando sobre el e extraendo conclusións sobre que facer para erradicarla das nosas vidas.

Despois a profe propúxolles participar no concurso e a clase enteira aceptou, e escolleron a modalidade de audiovisual.

Tamén debatiron sobre que tipo de audiovisual querían crear e analizaron as características de cada tipo. Escolleron por ampla maioría facer un "videoclip".

E así puxéronse mans á obra.

Entre todos e todas redactaron un poema co obxecto de convertilo en canción e quedoulles así de chulo:

AS MULLERES NON QUEREMOS
QUE NOS TRATEN MAL.
TEÑEN O MESMO DEREITO
NUN MUNDO GLOBAL.

OS NENOS E NENAS
SOMOS TODOS IGUAIS,
DE DISTINTO SEXO
MESMA FORMA DE ACTUAR.

SEN CORES, NIN REGRAS,
NIN PRINCESAS,  NIN BONECAS.
AS MULLERES PODEN
FACER O QUE QUEIRAN.

TODOS SOMOS IGUAIS
NON O DEBES ESQUENCER
O QUE FAI UN HOME
TAMÉN PODE UNHA MULLER.

NENOS E NENAS
IMOS CAMBIAR O MUNDO
SOMOS O FUTURO
NON IMOS QUEDAR MUDOS.

O AZUL É DOS NENOS
O ROSA É DAS NENAS
É O QUE NOS ENSINAN
XA DENDE PEQUENAS.

O AMLTRATO É A DOR
QUE TRISTE ESE AMOR.

AS MULLERES NON QUEREMOS
QUE NOS TRATEN MAL.

Pablo, o profe de Educación Física ao que lle encanta a música e toca nun grupo, musicou o poema. Á rapazada da clase encantoulles e puxéronse a aprendelo. Ensaiaban na clase e tamén nas clases de música, xa que a profe tamén quería colaborar.
Ao principio con Pablo á guitarra:



Pero despois de que Pablo e un amigo gravasen a música con varios instrumentos.... ensaiaban cunha versión moito máis chuli!!!



Cando xa a tiñan aprendida e coas gorxas ben afinadas gravaron as súas voces coa base musical que xa tiñan, gracias a Ruper, amigo de Pablo, que colaborou en todo o proceso técnico de son e aportou os medios para facer un traballo de calidade.






































A Ruper agasallárono cunha taza moi especial xa que levaba os nomes de todas as nenas e todos os nenos da clase cun magnífico deseño que fixeron no ordenador.


Tocaba gravar o vídeo, pero repasando as bases da convocatoria caeron na conta de que propoñía un traballo de equipos dun máximo de 5 compoñentes, así que, dado que o esforzo foi de toda a clase escolléronse por sorteo 5 representantes, que terían un papel protagonista e decidiron máis ou menos cómo o ían facer.

No sorteo saiu escollida Sofía, que como toca o saxo (é alumna do Conservatorio) tería un "momento estelar" no vídeo, xa que conta cun "solo" de saxo nunha das partes instrumentais.

E non fixo falta nin ensaiar. Gravaron dúas tomas, e coa segunda se quedaron.
Logo tocou o proceso de edición do vídeo, cortando, pegando e encaixándoo na música, ademais de engadirlle algún que outro "efecto especial".

E o resultado foi enviado ao concurso.


Nas bases do concurso non se especificaba que premio se obtiña e na clase falaban moito sobre que sería e de si o poderían gañar... Pero foi un traballo tan fermoso onde todos e todas colaboraron e a calidade do traballo realizado gustáballes tanto que dáballes igual o premio. Dicían que "ELAS E ELES XA GAÑARAN" e que facer este vídeo xa fora un premio en sí.

Pasaron os días e unha tarde dende a Consellería chamaron ao profe Pablo para comunicarlle que o traballo acadara o "SEGUNDO PREMIO"!!!!!!. Deberían acudir todo o equipo á entrega de premios en Santiago de Compostela.

E non podían agardar máis para contarllo aos compañeiros e compañeiras do cole. Así que a mesma mañá que coñeceron a noticia xuntámonos todos na biblio para disfrutar en primicia da presentación do vídeo:






E causou sensación!!!. Quixemos velo varias veces e xa cantabamos tod@s o estribillo e moitas das frases das estrofas. Ata houbo quen aprendeu a coreografía!!

Para ir a Santiago, á entrega de premios,   prepararon unha presentación e organizaron os turnos de palabra entre tod@s . Chegado o día un minibús veu recollel@s. Ían supercontent@s!!!!
Acompañáronos os profes Andrea e Pablo, a directora Begoña e tamén Lola, a representante do concello no Consello Escolar do Centro.


Cando lles chegou o seu turno subiron os 5 representantes ao escenario e fixeron a súa presentación con grande profesionalidade, e non é que o digamos nós, e que escoitábase ese comentario no público!!. E pediron que toda a clase subise para recibir o aplauso de tod@s.
























E este é o vídeo gañador:






POR CERTO!!!

SAÍRON EN MOITOS MEDIOS.... ATA NO TELEXORNAL!!!





TROUXERON ESTE DIPLOMA PARA O COLE:







UN LOTE DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA SOBRE O TEMA DE IGUALDADE

E UN PREMIO EN METÁLICO QUE REPARTIRON POR IGUAL ENTRE TODA A CLASE, ADEMAIS DUNHA VIAXE A PADRÓN PARA TOD@S @S DE 5º VISITANDO O GALIPARK E A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO .

XA VOS CONTAREMOS CÓMO LLES FOI!!!





xoves

ESCORNABOTS E DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS

En clase de 2º traballamos sobre os dereitos das nenas e dos nenos utilizando un material editado por Amnistía Internacional de Cataluña hai xa uns anos.

Escribímolos en galego e repartimos a cada alumn@ un dereito coa súa respectiva viñeta.
Por turnos amosaban o seu dereito e lían o texto correspondente e entre todos explicabamos o seu significado.
Logo colorearon primorosamente a súa viñeta.

Con este material editamos un xogo de Escornabot que tamén se traballou noutros cursos.

Aquí deixamos todo o material para repetilo e tamén un vídeo da actividade en 2º de E. Primaria.

INSTRUCCIÓNS



TABOLEIRO






CARTAS ( ENVÉS E DEREITO)





E ASÍ XOGAMOS:


martes

HORA DE LER. DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.

Neste Día tan especial non podía faltar unha edición especial de "A Hora de Ler".
Escollimos o libro "Akim corre",  de Claude K. Dubois pola súa forza e pola súa mensaxe tan clara e porque consideramos esencial concenciarnos  de que son moitos os nenos e nenas que non disfrutan dos dereitos esenciais que moitos países incumplen.

A lectura que acompañou ás imaxes proxectadas na pantalla (cunha fermosa música de fondo) correu a cargo do alumnado de 6º.





Grazas a tod@s!!!


E aquí tedes algunhas das imaxes do libro:







PROGRAMANDO AO TEU COLEGA. SEGUNDO XOGO PARA UTILIZAR O ESCORNABOT

Para reforzar axeitadamente a lateralidade á hora de programar o Escornabot realizamos unha actividade onde cada nen@ debería desprazarse por unha cuadrícula pintada no chan e dirixirse ata a casilla que lle indicase @ compañeir@ programador/programadora.
Esta actividade está baseada nunha proposta do curso de formación que estamos a recibir a través de PLATEGA, introducindo certas modificacións á mesma.
Foi unha actividade divertida e que axudou a interiorizar ben as instruccións que se lle poden dar ao Escornabot, sobre todo a lateralidade nos xiros e a recordar que a instrucción xiro non implica movemento de casilla (que eran os erros máis frecuentes que se cometían na programación no xogo).

Asimesmo inventamos dous comandos máis (saltar e recoller).







DIVERTIDO, NON?
PASÁMOLO XENIAL!!

XOGANDO COS ESCORNABOTS

Na clase de Lengua de 2º de E. Primaria traballamos co poema "Canción de Maitina" de Luís Felipe Vivanco que namorou ao alumnado. Con ela aprendimos os conceptos de verso, estrofa, rima, ritmo... e disfrutamos recitándoa de memoria. Tamén a copiaron nos seus cadernos e fixeron un dibuxo do poema.




Logo na clase de Música puxémoslle música e cantámola xunto cos compañeiros e compañeiras de 1º que tamén a aprenderon.

Así que o primeiro xogo que fixeron co Escornabot neste curso foi coas tres primeiras estrofas do poema traballado.
Primeiro presentamos o escornabot e explicamos o seu funcionamento, e acto seguido puxémonos mans á obra para traballar co poema.







E ASÍ XOGAMOS





Este primeiro taboleiro estaba feito con certa urxencia, pero para que quedase na biblioteca e puidesen xogar todas as veces que quixeran preparamos outro máis elaborado :




FOI TODO UN ÉXITO!!!!

luns

INVENTANDO CONTOS

Na clase de Lengua , en 2º de Primaria traballamos a oralidade como paso previo á escritura utilizando "CAJA DE CUENTOS: Crea tus propias historias", de MTM Editores.
Repartíronselle 4 pezas ao chou (de entre as 20 que compoñen o xogo) a cada parella de alumn@s. Cada peza ten dúas caras e podían ordenalas coma quixesen e polo lado que quisexen. A única condición é que crearan un relato o máis coherente posible.
Logo cada parella contaba o conto ao resto da clase.
Foi unha actividade moi divertida e que presentou retos interesantes, porque on sempre era doado "armar" unha historia coas pezas que lles tocara.
Houbo parellas que inventaron varios diferentes, escollendo outras caras ou colocando as pezas doutra maneira.
Por fin gravamos as historias de cada parella.


MONTANDO OS ESCORNABOTS

Como xa sabedes este ano somos "Unha Biblioteca Creativa".
Para participar neste proxecto a profe Carmen asistiu a unha formación presencial en Santiago, onde aprendeu a montar a placa da botoeira do Escornabot e a armar correctamente todas as súas pezas.
Tamén recibimos 3 Escornabots máis para montar no cole e así o fixemos.
Unha tarde montamos os outros tres escornabots entre tod@s e así fomos aprendendo sobre este xenial robot galego.

E para non olvidar como se monta e podelo volver facer cando queiramos, ou para que outros poidan montalo seguindo unhas instruccións paso a paso, editamos un documento que deixámosvos aquí, ademais de que tamén o atoparedes na barra lateral dereita deste blog.

A que con estas instruccións sería doada a montaxe?


domingo

EXPOSICIÓNS SOBRE O TEMA DO ANO: "O UNIVERSO"

Para traballar sobre o tema, para inspirarnos, para compartir os traballos, para crear lemas, poesías, manualidades... creamos espazos de exposición diferentes.

Libros e revistas de consulta.
Libros de contos, cómics, biografías, poemas.
Lemas creados nas aulas por iniciativa do EDL do Centro así como
Traballos diferentes sobre o tema, sobre todo POESÍA, segundo o lema escollido polas Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso.

Así de ben lucen:


EXPOSICIÓNS SOBRE O UNIVERSO by Slidely Slideshow

sábado

CONTOS DO SAMAÍN

Unha vez máis a Asociación Cultural Apelón do noso Concello ofreceuse para contar uns contos ao alumnado do Centro con motivo do Samaín. (Facebook ) (Twitter)
Aceptamos encantad@s a oferta e así na semana do Magosto-Samaín disfrutamos de varias sesións de contacontos, especialmente pensadas para as diferentes idades do alumnado.



CONTACONTOS EN INGLÉS PARA 5º E 6º DE PRIMARIA.

"HOW THE GRINCH STOLE CHRISTMAS"
"Como o Grinch robou o Nadal"





CONTACONTOS EN INGLÉS PARA 1º, 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA.

"WINNIE THE WITCH"
"La bruja Winnie"








CONTACONTOS "RATO RENATO":

Neste conto, ademais de coñecer as peripecias do Rato Renato e unha cabaza, aprendimos cómo celebraban o Samaín os maiores de Mugardos cando eles eran nenos. Unha narración moi ben levada e que captou a atención de todos e todas.




Pola nosa parte agasallamos aos nosos contacontos cun folleto editado pola biblioteca onde se recollen os Dereitos do lector ( de Daniel  Pennac e ilustrados por Quentin Blake) con títulos en galego (por parte da nosa biblio).








MOITÍÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS!!!!