sábado

VIOLENCIA DE XÉNERO

Un bo día as profes vimos este anuncio:

Pensamos que era un tema que nos gustaría traballar nas aulas e que de paso poderiamos participar, e Andrea, a profe se 5º, apuntouse rapidamente a traballalo co seu curso.

Púxose mans á obra:

Primeiro trataron o tema da violencia de xénero na clase a través de coloquios e debates colectivos nos que ían tratando as diferentes facetas deste grande e inxusto problema social, opinando e reflexionando sobre el e extraendo conclusións sobre que facer para erradicarla das nosas vidas.

Despois a profe propúxolles participar no concurso e a clase enteira aceptou, e escolleron a modalidade de audiovisual.

Tamén debatiron sobre que tipo de audiovisual querían crear e analizaron as características de cada tipo. Escolleron por ampla maioría facer un "videoclip".

E así puxéronse mans á obra.

Entre todos e todas redactaron un poema co obxecto de convertilo en canción e quedoulles así de chulo:

AS MULLERES NON QUEREMOS
QUE NOS TRATEN MAL.
TEÑEN O MESMO DEREITO
NUN MUNDO GLOBAL.

OS NENOS E NENAS
SOMOS TODOS IGUAIS,
DE DISTINTO SEXO
MESMA FORMA DE ACTUAR.

SEN CORES, NIN REGRAS,
NIN PRINCESAS,  NIN BONECAS.
AS MULLERES PODEN
FACER O QUE QUEIRAN.

TODOS SOMOS IGUAIS
NON O DEBES ESQUENCER
O QUE FAI UN HOME
TAMÉN PODE UNHA MULLER.

NENOS E NENAS
IMOS CAMBIAR O MUNDO
SOMOS O FUTURO
NON IMOS QUEDAR MUDOS.

O AZUL É DOS NENOS
O ROSA É DAS NENAS
É O QUE NOS ENSINAN
XA DENDE PEQUENAS.

O AMLTRATO É A DOR
QUE TRISTE ESE AMOR.

AS MULLERES NON QUEREMOS
QUE NOS TRATEN MAL.

Pablo, o profe de Educación Física ao que lle encanta a música e toca nun grupo, musicou o poema. Á rapazada da clase encantoulles e puxéronse a aprendelo. Ensaiaban na clase e tamén nas clases de música, xa que a profe tamén quería colaborar.
Ao principio con Pablo á guitarra:



Pero despois de que Pablo e un amigo gravasen a música con varios instrumentos.... ensaiaban cunha versión moito máis chuli!!!



Cando xa a tiñan aprendida e coas gorxas ben afinadas gravaron as súas voces coa base musical que xa tiñan, gracias a Ruper, amigo de Pablo, que colaborou en todo o proceso técnico de son e aportou os medios para facer un traballo de calidade.






































A Ruper agasallárono cunha taza moi especial xa que levaba os nomes de todas as nenas e todos os nenos da clase cun magnífico deseño que fixeron no ordenador.


Tocaba gravar o vídeo, pero repasando as bases da convocatoria caeron na conta de que propoñía un traballo de equipos dun máximo de 5 compoñentes, así que, dado que o esforzo foi de toda a clase escolléronse por sorteo 5 representantes, que terían un papel protagonista e decidiron máis ou menos cómo o ían facer.

No sorteo saiu escollida Sofía, que como toca o saxo (é alumna do Conservatorio) tería un "momento estelar" no vídeo, xa que conta cun "solo" de saxo nunha das partes instrumentais.

E non fixo falta nin ensaiar. Gravaron dúas tomas, e coa segunda se quedaron.
Logo tocou o proceso de edición do vídeo, cortando, pegando e encaixándoo na música, ademais de engadirlle algún que outro "efecto especial".

E o resultado foi enviado ao concurso.


Nas bases do concurso non se especificaba que premio se obtiña e na clase falaban moito sobre que sería e de si o poderían gañar... Pero foi un traballo tan fermoso onde todos e todas colaboraron e a calidade do traballo realizado gustáballes tanto que dáballes igual o premio. Dicían que "ELAS E ELES XA GAÑARAN" e que facer este vídeo xa fora un premio en sí.

Pasaron os días e unha tarde dende a Consellería chamaron ao profe Pablo para comunicarlle que o traballo acadara o "SEGUNDO PREMIO"!!!!!!. Deberían acudir todo o equipo á entrega de premios en Santiago de Compostela.

E non podían agardar máis para contarllo aos compañeiros e compañeiras do cole. Así que a mesma mañá que coñeceron a noticia xuntámonos todos na biblio para disfrutar en primicia da presentación do vídeo:






E causou sensación!!!. Quixemos velo varias veces e xa cantabamos tod@s o estribillo e moitas das frases das estrofas. Ata houbo quen aprendeu a coreografía!!

Para ir a Santiago, á entrega de premios,   prepararon unha presentación e organizaron os turnos de palabra entre tod@s . Chegado o día un minibús veu recollel@s. Ían supercontent@s!!!!
Acompañáronos os profes Andrea e Pablo, a directora Begoña e tamén Lola, a representante do concello no Consello Escolar do Centro.


Cando lles chegou o seu turno subiron os 5 representantes ao escenario e fixeron a súa presentación con grande profesionalidade, e non é que o digamos nós, e que escoitábase ese comentario no público!!. E pediron que toda a clase subise para recibir o aplauso de tod@s.
























E este é o vídeo gañador:






POR CERTO!!!

SAÍRON EN MOITOS MEDIOS.... ATA NO TELEXORNAL!!!





TROUXERON ESTE DIPLOMA PARA O COLE:







UN LOTE DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA SOBRE O TEMA DE IGUALDADE

E UN PREMIO EN METÁLICO QUE REPARTIRON POR IGUAL ENTRE TODA A CLASE, ADEMAIS DUNHA VIAXE A PADRÓN PARA TOD@S @S DE 5º VISITANDO O GALIPARK E A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO .

XA VOS CONTAREMOS CÓMO LLES FOI!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario