Na clase de Lengua de 2º de E. Primaria traballamos co poema "Canción de Maitina" de Luís Felipe Vivanco que namorou ao alumnado. Con ela aprendimos os conceptos de verso, estrofa, rima, ritmo... e disfrutamos recitándoa de memoria. Tamén a copiaron nos seus cadernos e fixeron un dibuxo do poema.
Logo na clase de Música puxémoslle música e cantámola xunto cos compañeiros e compañeiras de 1º que tamén a aprenderon.
Así que o primeiro xogo que fixeron co Escornabot neste curso foi coas tres primeiras estrofas do poema traballado.
Primeiro presentamos o escornabot e explicamos o seu funcionamento, e acto seguido puxémonos mans á obra para traballar co poema.
E ASÍ XOGAMOS
Este primeiro taboleiro estaba feito con certa urxencia, pero para que quedase na biblioteca e puidesen xogar todas as veces que quixeran preparamos outro máis elaborado :
FOI TODO UN ÉXITO!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario