luns

15 ANOS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GALEGA

A Asesoría de Bibliotecas Escolares quixo recoller unha selección de libros que tiveron unha grande presenza nas bibliotecas escolares dende hai 15 anos (os que o PLAMBE leva en marcha) e solicitou a colaboración dos centros para facer unha selección de 15 títulos.
Reducilo a 15 non lles foi doado e decidiron recoller a información dun xeito máis amplo.
Como resultado editaron:

 Unha guía que poderás ler e/ou descargar premendo na imaxe



Un díptico formado por estas seccións:




E un mapa interactivo onde podedes ver todos os centros participantes así como as súas aportacións a esta recolleita de datos.

Clicade na imaxe para acceder ao mapa interactivo. Buscade o puntiño que corresponde ao noso cole. Se clicades sobre el saberedes que libros suxerimos dende a biblio como máis salientables na nosa biblio e na nosa práctica docente.

A que mola!!!!







domingo

ROBÓTICA EN INFANTIL E PRIMARIA


O curso pasado fomos seleccionados para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e este ano continuamos no mesmo.
Por outra banda, a biblioteca tamén foi seleccionada para formar parte do  programa BIBLIOTECAS CREATIVAS, co que  se pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de infantil e primaria e que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.

En base a estas convocatorias e achegas económicas recibidas xa imos xuntando uns cantos robots diferentes para ir traballando con eles nas aulas e na biblioteca.

Para poder ensinar axeitadamente ao alumnado o profesorado do centro solicitou un PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado) no que entre outras cousas recibimos formación específica sobre este tema e ralacionados.

Queriamos acondicionar unha aula STEAM, para centralizar os recursos, sen perxuicio dos recursos propios da biblioteca escolar, e favorecer o intercambio e a utilización nesta ou noutras aulas.
A Consellería concedeunos unha dotación económica para sufragar o custo dun novo xchan e o concello facilitounos a man de obra.
Asimesmo co peche da EEI de O Seixo recibimos tamén novo mobiliario que axudou a configurar este novo espazo.

A profe Ana, responsable desta área no cole traballou moito para obter un resultado xenial.

Aquí tedes un vídeo con fotos dos diferentes pasos que fomos dando. (Non hai fotos de todo, sentímolo, pero vos podedes facer unha idea.

mércores

BRAIS MOURE. CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Un ano máis, por xentileza da editorial ANAYA, temos unha sesión de contacontos para E. I. e os catro primerios cursos de Primaria.
Brais Moure, (fillo de Anxo Moure que tamén estivo por aquí) fixo as ledicias de pequen@s e grandes. E ,como xa é tradición familiar, falando do respecto e coidado que o ser humano ten que mostrar opola Naturaleza.
No cole, que este ano temos como proxecto o horto escolar, sabemos ben destas cousas e non nos cansamos de escoitar estas historias que tanto nos gustan.
Antes de se marchar, Brais firmou no libro de visitas e recibiu de agasallo o noso "Pulpi marcapáxinas", a nosa primeira creación de deseño propio na impresora 3D.

Deixamos este vídeo para recordar ese día:


martes

OS NOSOS CARTEIS DO 8 DE MARZO

Carteis elaborados polo alumnado do centro con motivo do 8 de marzo  (Día da muller) e que decoraron os noso corredores.


sábado

A HISTORIA DE....

Aquí está a historia dun personaxe que nos acompañou neste curso e que pouco a pouco foi ocupando un lugar de seu.
Un día apareceu e xa non marchou.....





MOITAS GRAZAS A MARINA POLA SÚA XENIAL IDEA!!!!

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA NA SEGURIDADE DOS CENTROS EDUCATIVOS NOS SEUS CONTORNOS

Un ano máis participamos neste Plan Director que se  oferta dende a Consellería de Educación.



O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).
Extraído da Web da Consellería

Das tres charlas que tiñamos preparadas para os cursos de 5º e 6º de E. Primaria só deu tempo a dúas debido ao confinamento polo COVID-19.


  • Na primeira tratouse a prevención no uso das novas tecnoloxías e as redes sociais.
  • Na segunda o tema tratado foi o do Acoso Escolar.
  • A terceira (e non celebrada) trataría sobre a Violencia de Xénero.






venres

HORA DO CONTO NO DÍA DA MULLER 2020

O luns día 9 reunímonos tod@s na biblio na Hora do Conto para disfrutar coa lectura do conto "Daniel pirata",

A divertida historia dunha nena que quere ser pirata á que lle poñen probas moi difíciles para conseguilo e ten que vencer o machismo do capitán do "Caimán Negro".

Unha historia para todos os públicos, escollida pola súa sinxeleza e a súa mensaxe clara e concisa.

"Ante igualdade de condicións o feito de ser muller non debe contar"










SOBRAN CAPITÁNS MACHISTAS!!!!

xoves

GALEGA TIÑA QUE SER

Dende o Equipo de Normalización Lingüística propúxose esta actividade sobre mulleres galegas salientables.

As escaleiras e o corredor do primeiro piso enchéronse decarteis con fotos de mulleres galegas cos seus nomes.
Repartíronse por cursos a búsqueda de información sobre elas e colocar as reseñas de cada unha delas no seu cartel.

Había unha chea de carteis, e non están todas as que son pero sí son todas as que están.


Imaxe do Faceboock "Nós os galegos"













martes

QUERES VIR A ESTE COLE? HAI UN SITIO PARA TI.

Como ía a empezar o prazo para a reserva de praza nos Centros Educativos o noso cole elaborou un cartel no que amosar a nosa práctica educativa .
No cartel tamén convidábamos a tod@s @s interesad@s a asistir a unha xornada de portas abertas.



Para o día de portas abertas organizamos 5 obradoiros polos que rotarían as distintas clases ao longo do día. Escollimos os obradoiros que nos pareceron máis representativos do noso quefacer.


ACTIVIDADES DE LINGUA COAS TABLETS


Tratábase de actividades de repaso de lingua. Sinónimos, antónimos, acentuación, ortografía, sopas de letras, adiviñas, crucigramas... e todo isto dun xeito lúdico utilizando unha tablet como ferramenta e uns xogos colgados na rede.






XOGOS ABN

Bingo de composición numérica, bingo de multiplicacións, xogo de operacións combinadas, dominó de sumas e restas e xogar á "escoba" coa baralla, foron os xogos seleccionados e que se aplicaron segundo o nivel do alumnado de cada unha das sesións.








ROBÓTICA


No obradoiro de Robótica o alumnado de 1º ata 4º de Primaria traballaron co robot Mind Designer de Clementoni con resolución de retos propostos sobre o seu taboleiro e de debuxo en gran grupo.
Os cursos de 5º e 6º traballaron co robot Mbot en grupos de 3/4 alumn@s cos retos propostos na historia da súa app utilizando os Ipads.






EDUCACIÓN FÍSICA

Circuito de diferentes destrezas cubrindo todo o patio cuberto e xogo do brilé na pista.



BIBLIOTECA

Na biblioteca tentamos ofrecer diferentes activides das que normalmente se poden realizar.
No podía faltar a lectura dun conto axeitado a cada idade. Así:


Para 1º e 2º de E. Primaria


Para 3º de E. Primaria


Para 5º e 6º de E. Primaria




Seguidamente presentamos axeitadamente o xogo Kappla e falamos da súa orixe e características. Despois xogar libremente con el á vez que por turnos achéganse a mirar cómo traballa a impresora 3D que está a imprimir o marcapáxinas de Pulpi.









E vos preguntaredes como pasaron a xornada en E. Infantil, non?
Pois para el@s o día tamén foi especial.

  • Participaron no circuito de psicomotricidade,
  • Tiveron robótica na súa aula,
  • Asistiron a unha sesión de lectura na biblioteca.
  • Xogo libre na súa aula.







O MELLOR DÍA DE CLASE DE TODA A MIÑA VIDA!!

Foi o que lle escoitamos dicir a vari@s alumn@s.

E a verdade é que foi un día "redondo".


ERRANTES POLO MUNDO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2020

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro sumámonos á proposta da actividade suxerida pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) de asociar poemas ou fragmentos de poemas da nosa escritora que traten a emigración con imaxes actuais deste fenómeno, baixo o lema "Errantes polo mundo".

Para isto o Equipo de Biblioteca seleccionou os poemas desta temática e repartiunos polas titorías.
O alumnado escolleu as imaxes  dos movementos migratorios actuais que considerou oportunas e fixo a súa composición.

Cos traballos presentados elaboramos este PDF que tamén se imprimiu e pasou a formar parte dos fondos da nosa biblio no apartado de "Creacións Propias".

Agardamos que vos guste tanto como a nós.


xoves

ENCHEMOS O COLE DE CARTEIS EN INGLÉS

Na clase de inglés, os diferentes cursos de primaria elaboraron carteis para todas as dependencias escolares.
Aquí vos deixo unha mostra das artistadas que fixeron estas nenas e nenos do cole.
Parabéns!!


martes

A NOSA PRIMEIRA CREACIÓN 3D

Queriamos facer algo especial para todo o cole na nosa primeria peza 3D.
Estivemos barallando varias ideas diferentes e ao final penso que dimos coa SUPERIDEA!! a idea perfecta.

Deseñariamos un marcapáxinas que incluíse á nosa mascota. Sería un obxecto útil e un recordo para toda a vida. Ademais tamén sería algo moi bonito co que poder agasallar a persoas colaboradoras co cole: contacontos, asociacións culturais, ponentes de charlas e obradoiros, familiares que colaboran con nós.....

A idea xa estaba. Afora tocaba deseñalo.
Antes do modelo final desbotamos outros varios porque non acababan de convencernos, ben pola súa estética, ben pola súa fraxilidade ou por outros motivos que nos facían descartalos.

E por fin escollemos o definitivo. Pareceunos práctico, bonito e que nunca podería pasar desapercibido pois asoma mesmo cando o libro está pechado.

Aquí poderedes ver todo o proceso para a súa elaboración.
A ver se vos gusta!!


OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL


A petición do cole ao Concello, impartiuse un Obradoiro Afectivo-Sexual dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, toda vez que constatamos que algúns escolares acceden, a través de Internet e redes sociais, a información errónea que logo comparten na escola con compañeiras e compañeiros.
Polo tanto, pareceunos indispensable que esta alumnado recibise unha formación adecuada que lle axude a ser crític@s coa "desinformación" que lles pode chegar.

Realizouse o obradoiro en 4 sesións diferentes, os tres primeiros (24 de xaneiro, 7 e 14 de febreiro) para os cursos 3º,4º,5º,e 6º, e unha última sesión para 5º e 6º o día 28 de febreiro.

Ao longo dos obradoiros reflexionouse cos nenos e nenas sobre as súas actitudes e coñecementos acerca da sexualidade e tamén traballouse a través de diferentes dinámicas e actividades a parte máis emocional e afectiva, tendo en conta tamén os coñecementos teóricos e prácticos que xa posuían.
Centráronse nos aspectos afectivos e de relación dende unha perspectiva de e tendo en conta a diversidade persoal, familiar e sexual.
Tamén se repasaron os aspectos fisiolóxicos, aclarando as dúbidas e curiosidades que mostraron durante as sesións.
A metodoloxía utilizada nas sesións foi participativa e activa, baseándose na “aprendizaxe significativa”, é dicir, partindo dos seus coñecementos previos, favorecendo a súa reflexión e posibilitando a transformación dos mesmos.

Agardamos ter conseguidos os nosos propósitos.

domingo

NOVO RINCÓN DE LECTURA NO PATIO

Co mobiliario que "herdamos" da Escola de O Seixo creamos un rincón de lectura no patio para que o disfruten os máis pequenos, que non van á biblioteca durante os recreos.
E tamén para tod@s @s que queiran, claro!
E parece que tivo éxito.