martes

OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL


A petición do cole ao Concello, impartiuse un Obradoiro Afectivo-Sexual dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, toda vez que constatamos que algúns escolares acceden, a través de Internet e redes sociais, a información errónea que logo comparten na escola con compañeiras e compañeiros.
Polo tanto, pareceunos indispensable que esta alumnado recibise unha formación adecuada que lle axude a ser crític@s coa "desinformación" que lles pode chegar.

Realizouse o obradoiro en 4 sesións diferentes, os tres primeiros (24 de xaneiro, 7 e 14 de febreiro) para os cursos 3º,4º,5º,e 6º, e unha última sesión para 5º e 6º o día 28 de febreiro.

Ao longo dos obradoiros reflexionouse cos nenos e nenas sobre as súas actitudes e coñecementos acerca da sexualidade e tamén traballouse a través de diferentes dinámicas e actividades a parte máis emocional e afectiva, tendo en conta tamén os coñecementos teóricos e prácticos que xa posuían.
Centráronse nos aspectos afectivos e de relación dende unha perspectiva de e tendo en conta a diversidade persoal, familiar e sexual.
Tamén se repasaron os aspectos fisiolóxicos, aclarando as dúbidas e curiosidades que mostraron durante as sesións.
A metodoloxía utilizada nas sesións foi participativa e activa, baseándose na “aprendizaxe significativa”, é dicir, partindo dos seus coñecementos previos, favorecendo a súa reflexión e posibilitando a transformación dos mesmos.

Agardamos ter conseguidos os nosos propósitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario