Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro sumámonos á proposta da actividade suxerida pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) de asociar poemas ou fragmentos de poemas da nosa escritora que traten a emigración con imaxes actuais deste fenómeno, baixo o lema "Errantes polo mundo".
Para isto o Equipo de Biblioteca seleccionou os poemas desta temática e repartiunos polas titorías.
O alumnado escolleu as imaxes dos movementos migratorios actuais que considerou oportunas e fixo a súa composición.
Cos traballos presentados elaboramos este PDF que tamén se imprimiu e pasou a formar parte dos fondos da nosa biblio no apartado de "Creacións Propias".
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario