domingo

ROBÓTICA EN INFANTIL E PRIMARIA


O curso pasado fomos seleccionados para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e este ano continuamos no mesmo.
Por outra banda, a biblioteca tamén foi seleccionada para formar parte do  programa BIBLIOTECAS CREATIVAS, co que  se pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de infantil e primaria e que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.

En base a estas convocatorias e achegas económicas recibidas xa imos xuntando uns cantos robots diferentes para ir traballando con eles nas aulas e na biblioteca.

Para poder ensinar axeitadamente ao alumnado o profesorado do centro solicitou un PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado) no que entre outras cousas recibimos formación específica sobre este tema e ralacionados.

Queriamos acondicionar unha aula STEAM, para centralizar os recursos, sen perxuicio dos recursos propios da biblioteca escolar, e favorecer o intercambio e a utilización nesta ou noutras aulas.
A Consellería concedeunos unha dotación económica para sufragar o custo dun novo xchan e o concello facilitounos a man de obra.
Asimesmo co peche da EEI de O Seixo recibimos tamén novo mobiliario que axudou a configurar este novo espazo.

A profe Ana, responsable desta área no cole traballou moito para obter un resultado xenial.

Aquí tedes un vídeo con fotos dos diferentes pasos que fomos dando. (Non hai fotos de todo, sentímolo, pero vos podedes facer unha idea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario