martes

DESEÑAMOS CON TINKERCAD

 En 6º de E. Primaria nas clases de robótica aprenderon a deseñar con Tinkercad e despois de varias prácticas de aprendizaxe xa estaban preparadas e preparados para deseñar o seu propio chaveiro para logo imprimilo na impresora 3D.

Mirade como quedaron os seus proxectos en Tinkercad.


AS NOSAS CASAS ECOLÓXICAS

 En 5º e 6º, dentro do proxecto anual "Planeta sostible, necesario e posible" elaboraron por equipos unhas maquetas de vivendas sostibles utilizando o material da biblioteca creativa e outro proporcionado polo cole.

Deseñaron, construíron e decoraron estas marabillosas construccións ás que nos iriamos a vivir sin ningunha dúbida.

Disfrutádeas!


O NOSO PRIMEIRO VÍDEO CON CROMA

 Polo Día de Rosalía grabamos en vídeo o poema "Fun un domingo" na nova instalación de creación audivisual repartindo os versos entre toda a comunidade educativa.

Con todo o material editamos o noso primeiro video con croma.

Aínda que nos gusta moito e nos fai moita ilusión, sabemos que aínda temos moito por mellorar. Prometemos intentalo!

OBRADOIROS CREATIVOS 2023

Organizamos unha xornada con Obradoiros Creativos para todo o alumnado.

Na biblioteca xogamos co Kapla, co Sumblox , cos Lego e outros xogos varios de construcción segundo as idades do alumnado.

Na aula de desdoble da planta baixa imitamos coreografías seguindo a pantalla e cantamos con karaoke.

E no patio cuberto participamos en varios obradoiros STEAM que organizaba "Espacio vivo" . Robots, Realidade Aumentada, Legos especiais, Robots......

En grupos rotamos polos 3 espazos e disfrutamos de todos os obradoiros.



luns

NOVOS TABOLEIROS PARA OS ESCORNABOTS

 En 6º, utilizando as clases de Robótica, creamos novos xogos para os nosos pequenos-xigantes robots.

Ben a man ou ben utilizando o ordenador deseñamos novos taboleiros de xogo, redactamos as súas regras e deseñamos tarxetas axeitadas e outro material se é que o xogo así o requería.

Este é o resultado.

Xa sabedes, quedarán na biblioteca para que poidades xogar cando queirades!


domingo

REMAMOS EN MUGARDOS

 Actividade deportiva do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º en Mugardos por medio do programa "Xogade".

Así de ben remaron!



venres

MÁQUINAS ECOLÓXICAS

 En 5º e 6º deberían idear, deseñar e construír con materiais de refugallo, máquinas e artefactos que propiciaran a ecoloxía no planeta Terra.

Non se trataba de aparellos que xa existen, senon aqueles que aínda están por chegar e para os que el@s aportan as súa propias ideas.

Ademais, como están traballando o tema de electricidade deberían incorporarlles un circuito eléctrico que funcionase.

E isto é o que construíron!


MÁQUINAS CON MATERIAIS DE REFUGALLO

 Dentro do proxecto anual "Planeta sostible, necesario e posible" propuxemos esta actividade para 3º e 4º de primaria. Idear e construír un artefacto con materiais de refugallo.

A resposta do alumnado foi esta marabilla.


SOLUCIÓN DAS ADIVIÑAS DE 5º E ENTREGA DE PREMIOS

 Reunímonos tod@s diante da biblio para dar as solucións das diferentes adiviñas e anunciar quen tivo máis acertos e polo tanto gañadora ou gañador da actividade.

Se tedes apuntadas as vosas propostas agora é a hora de comprobar os vosos acertos!


xoves

AUDIOCONTO EN 1º E 2º

 O alumnado de 1º e 2º fixo un audilibro co conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", de  Holzwarth, Werner e Erlbruch, Wolf, traducido por Meyer, Franc para a Editorial Kalandraka.

Para iso repartíronse o texto entre todos e todas e grabaron as súas voces de xeito ordenado.

Do resultado podedes disfrutar aquí abaixo.

PARABÉNS A EST@S CHIC@S E Á SÚA PROFE MARINA!!



O SOÑARIO DE 6º

 "Soñario o diccionario de sueños del Dr. Maravillas" é un libro de Javier Sáez Castán publicado pola editorial Océano Travesía que leva moitos anos formando parte dos fondos da nosa biblio e que nunca nos cansamos de ler e disfrutar.

Trátase dun enxeñoso libro que o autor (ou o DR. Maravillas) di que é capaz de interpretar os soños. En total 144 soños "os máis universais e recurrentes" que se obteñen combinando 12 palabras coas súas 12 ilustracións correspondentes.

Cada palabra vai acompañada da súa definición así como da interpretación de soñar con ela, pero a páxina está dividida pola súa metade horizontal, de maneira que permite combinacións con outras. Así aparecen palabras de nova creación que manteñen unha definición coherente (aínda que imaxinaria) e unha interpretación do soño correspondente sintácticamente ben estructurada.

Todas as palabras aparecen na páxina da esquerda (pares) e as súas ilustracións nas páxinas da dereita (impares) que tamén a súa vez están "cortadas" pola súa metade horizontal. Cando combinamos as páxinas as ilustracións igualmente producen unha ilustración que se axusta á nova palabra .

Imaxe do libro


Este curso, ademais de disfrutar da lectura do libro, decidimos crear o noso propio Soñario" en 6º de Primaria como un trabllo interdisciplinar de Lingua Galega e Espresión plástica.

Foi un traballo interesante xa que o alumnado debería estudiar con atención qué frases se podían construír para que ao cortalas e empatalas con outras metades seguisen tendo coherencia sintáctica e gramatical.

Cada alumn@ debería encargarse de 2 páxinas do libro, tanto da parte escrita como da ilustración. Para iso establecimos unhas medidas exactas e comúns para tod@s.

Tamén deberían procurar unha moi boa presentación e rotulación para resultar atractivo.

Aínda estamos no proceso de encuadernación pero aquí vos deixamos un anticipo. 





mércores

AS 7 HERBAS DE SAN XOÁN

Queriamos facer unha actividade artística diferente e especial cunha presentación orixinal utilizando pequenas caixas de acetato transparente onde amosar pequenos tesouros.

As ideas foron (e son) moitas. Estas caixiñas poden dar moito xogo e ademais son reciclables dunha actividade a outra. Pero había que empezar por algunha.

E como a puxemos en marcha neste mes e queriamos que tivese relación coa natureza, optamos pola idea de "meter" nas caixas debuxos de flores en miniatura.

Cando empezamos a documentarnos sobre as flores máis comúns, tanto ornamentais coma silvestres,  para que cadaquen escollese a súa preferida, atopámonos coas  HERBAS DE SAN XOÁN, esas usadas tanto para colgar un ramo da porta que "espanta ás meigas" como para botar no caldeiro de auga co que lavarse ao mencer.

E decidimos, dada a proximidade da data, que non podían faltar na nosa creación artística.

Tamén atopamos este Genially onde podedes ler as propiedades que a cada unha se lle atribúen.


E puxémonos mans á obra!!!


martes

RETOS TABOLEIRO DE ENTRADA

Durante este curso, e cada certo tempo, e dependendo dos traballos varios nos que estamos inmers@s, propóñense retos ao alumnado no taboleiro de entrada relacionados co proxecto "Planeta sostible, necesario e posible".

Trátase de preguntas sobre as que deben indagar se queren responder axeitadamente ou actividades que poñan en xogo habilidades diferentes para construír unha mensaxe de sostenibilidade, pero con opcións axeitadas a cada grupo de idades do alumnado.

O alumnado debe escribir a resposta nun papeliño (co seu nome e curso) e introducila nunha urna que na entrada colocamos. Cando aparece un novo reto ábrese a urna e notifícanse os acertantes do reto.

Asimesmo se van colocando as probas pasadas coa súa solución para que tod@s coñezamos a resposta correcta.

Unha maneira máis, divertida e distendida de aprender a conquerir un planeta máis sostible.









Aquí vos deixamos as preguntas e as solucións en foramto PDF


luns

RECREOS NA BIBLIOTECA

 Son moitos os momentos máxicoa que se viven na biblioteca ao longgo do ano, pero a min gústame especialmente aqueles que son froito da propia iniciativa do alumnado.

É unha mágoa que non teñamos unha cámara incorporada xa que non sempre podo facer fotos. Pero algunha sí que teño e aquí volas deixo para que disfrutedes.


RECREOS EN LA BIBLIOTECA de biblioteca franza

domingo

ADIVIÑA ADIVIÑANZA. QUE TAL ANDADES DE REFRÁNS?

 Mirade que chulada de actividade fixeron en Lingua Galega o alumnado de 5º de primaria.

Seríades quen de adiviñar todos os refráns dos debuxos?

Ide apuntando as solucións que en próximos días saberedes a solución!


VISITAMOS O INSTITUTO

 Como cada curso, o IES de Mugardos preparou a visita do futuro alumnado procedente dos dous colexios públicos do Concello : CEIP Unión Mugardesa e CEIP. Santiago Apóstolo (o noso).

Se queredes coñecer algo máis sobre como foi este encontro, mirade a seguinte presentación!


5º E 6º SUPERCOMPETENTES

 Nas áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais o alumnado de 5º e 6º traballa dun xeito especial.

Cada tema novo é explicado e del se elabora un esquema dos puntos claves que hai que tratar.

Seguidamente, ben por traballos individuais ou por pequenos equipos (a maioría das veces) hai que elaborar un produto final que recolla todo o tema. "Libros con bolsillos", maquetas, murais... serven para recoller todo o tema. 

Cando é un traballo por equipos, ademais deben redactar (buscando a información tanto os fondos da biblioteca coma na rede ou ben a través de material que a profe Pili (que é quen pon en marcha todo isto) lles achega pola plataforma edixgal. Unha vez redactado deben repartirse o tema para expoñelo aos seus compañeir@s na aula ou ben noutras aulas, como é o caso dos vídeos que vos deixamos máis abaixo.

Un traballo completísimo de búsqueda e tratamento da información cun produto final en moitas ocasións sorprendente pola creatividade posta en xogo para acadalo.

Cos traballos elaborados durante o curso montouse unha exposición na entrada do cole que podedes disfrutar tamén neste documento que aquí deixamos.





Dalgunhas exposicións que fixeron noutras aulas (en 1º e 2º de E. Primaria) gardamos vídeo das mesmas e aquí o compartimos unificado nun só.



SIMPLEMENTE XENIAL!!!

xoves

TRABALLAMOS COS CONTOS

 En Educación Infantil puxemos en marcha unha fermosa actividade relacionado cos nosos contos preferidos.

Cada nena e cada neno escolleu un conto da biblioteca para levar a casa e, implicando ás familias, elaborar un obxecto ou personaxe do mesmo de maneira conxunta.

Todo iso despois de ler o conto co fogar e disfrutalo unha vez máis.

O feito de que as nenas e os nenos elaboren un obxecto relacionado co libro non fai máis que incrementar o vínculo que con ese conto sente e isto sen dúbida é unha moi boa iniciativa para espertar o amor polos libros e a lectura non máis pequenos.

Coas achegas que nos van chegando fixemos unha exposición na entrada do cole que causa as ledicias de tod@s cant@s a ven.

Mirade senón!


CONTOS E OBXECTOS de biblioteca franza