Durante este curso, e cada certo tempo, e dependendo dos traballos varios nos que estamos inmers@s, propóñense retos ao alumnado no taboleiro de entrada relacionados co proxecto "Planeta sostible, necesario e posible".
Trátase de preguntas sobre as que deben indagar se queren responder axeitadamente ou actividades que poñan en xogo habilidades diferentes para construír unha mensaxe de sostenibilidade, pero con opcións axeitadas a cada grupo de idades do alumnado.
O alumnado debe escribir a resposta nun papeliño (co seu nome e curso) e introducila nunha urna que na entrada colocamos. Cando aparece un novo reto ábrese a urna e notifícanse os acertantes do reto.
Asimesmo se van colocando as probas pasadas coa súa solución para que tod@s coñezamos a resposta correcta.
Unha maneira máis, divertida e distendida de aprender a conquerir un planeta máis sostible.
Aquí vos deixamos as preguntas e as solucións en foramto PDF
Ningún comentario:
Publicar un comentario