Queriamos facer unha actividade artística diferente e especial cunha presentación orixinal utilizando pequenas caixas de acetato transparente onde amosar pequenos tesouros.
As ideas foron (e son) moitas. Estas caixiñas poden dar moito xogo e ademais son reciclables dunha actividade a outra. Pero había que empezar por algunha.
E como a puxemos en marcha neste mes e queriamos que tivese relación coa natureza, optamos pola idea de "meter" nas caixas debuxos de flores en miniatura.
Cando empezamos a documentarnos sobre as flores máis comúns, tanto ornamentais coma silvestres, para que cadaquen escollese a súa preferida, atopámonos coas HERBAS DE SAN XOÁN, esas usadas tanto para colgar un ramo da porta que "espanta ás meigas" como para botar no caldeiro de auga co que lavarse ao mencer.
E decidimos, dada a proximidade da data, que non podían faltar na nosa creación artística.
Tamén atopamos este Genially onde podedes ler as propiedades que a cada unha se lle atribúen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario