Nun "Planeta sostible, necesario e posible" tamén ten moita importancia a maneira de alimentarse.
Coñecer os preceptos dunha dieta saudable, que evita o consumo de alimentos ultraprocesados, que aposta por productos frescos e de tempada, que é equilibrada na inxesta de hidratos de carbono, proteínas e graxas, é fundamental para a nosa saúde e a do planeta.
Recibimos así un obradoiro sobre Nutrición e hixiene a cargo dunha nutricionista e unha enfermeira dos Servizos de Saúde do concello de Fene, quen tamén nos falaron sa importancia dunha boa hixiene bucodental.
A primeira parte da visita consisitiu nunha charla para todo o alumnado de E. Primaria e unha segunda parte con dúas actividades. Así, mentres a mitade do alumnado realizaba a actividade de exterior o resto realizaba a de interior e viceversa.
Aquí tedes as imaxes da charla.
Na actividade de interior pasatempos divertidos afianzaban o aprendido na presentación.
E na de exterior cada nen@ debía coller un alimento (plástico) dunha bolsa e gardalo nun dos tres cestos diferenciados por cores do semáforo ao outro lado da pista. No cesto verde os alimentos de inxesta diaria, en amarelo os de inxesta semanal e en vermello os alimentos que é preferible evitar ou consumir só de maneira ocasional.
Había que atravesar media pista correndo e a outra media á pata coxa, e volver correndo para unha nova carreira.
Ao final, cando todos os alimentos da bolsa estivesen nos cestos comprobábase o resultado e correxíanse os erros se é que os houbese.