Moitas veces na escola ocurren cousas que non estaban previstas, e adaptarnos a elas é o noso traballo diario.
Algunhas veces, bastantes diría eu, entorpecen en certa maneira o que se ten proxectado facer. Non pasa nada (case nunca) porque iso é a escola. Viva, cambiante e moitas veces impredecible. É tarefa do profesorado conseguir converter estas situacións nun feito positivo no proceso ensino-aprendizaxe.
Pero ás veces estes imprevistos parecen "caídos do ceo". Acaen tan ben co que se está a facer na escola e supoñen para toda a comunidade educativa unha situación de aprendizaxe única e moi motivadora que nos sentimos moi agradecid@s porque nos tivese pasado.
Iso foi o que sucedeu en abril deste curso e supuxo unha "revolución" marabillosa que nos fixo traballar e aprender unha chea de cousas que non tiñamos planificadas. E tan estupendas que non as podiamos deixar pasar.
Mirade esta presentación con calma, e disfrutade dela!
E aquí tedes a información que se puxo no taboleiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario